Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 17 de marzo de 1995 Páx. 2.055

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (225/1994).

María Manuela García Jalón de la Lama, secretaría do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, dou fe de que no xuízo executivo que se segue neste xulgado co número 225/1994, se dictou a sentencia co encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

Sentencia. En Santiago de Compostela o trece de xaneiro de 1995, Ángel Pantín Reigada, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco dos desta cidade, dictou a presente resolución no procedemento civil de xuízo executivo seguido neste xulgado co número 225/1994 no que actuaron como demandante Banco Zaragozano, S.A., representado polo procurador Ricardo García-Piccoli Atanes e asistido polo letrado A. J. Núñez Naya, e como demandado Yousef Mohamad Al Ramahi y Concepción García Cabado, declarados rebeldes nas actuacións. Decido: que mando seguir adiante a execución despachada contra os bens da demandada ata facer remate dos bens embargados, e co seu producto enteiro e cumprido pagamento á entidade actora da cantidade de 1.434.612 pesetas de principal e xuros, custas e gastos, e xuros moratorios pactados, calculándose sen prexuízo de ulterior liquidación para xuros, custas e gastos a suma de 750.000 pesetas. Contra esta resolución poderase interpor

recurso de apelación perante a Audiencia Provincial neste xulgado polo prazo de cínco días desde a notificación. Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo. Asinado. Rubricado.

E para que conste e lle sirva de notificación ó demandado rebelde Yousef Mohamad Al Ramahi e Concepción García Cabado, expido e asino o presente edicto en Santiago de Compostela o tres de febreiro de mil novecentos noventa e cinco.

Rubricado