Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 17 de marzo de 1995 Páx. 2.055

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (504/1994).

En virtude do ordenado pola maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, Rosa del Carmen

Collazo Lugo, nos autos de xuízo de faltas núm. 504/1994 que se seguen por lesións en accidente de tráfico, cítase a María del Carmen Martínez Ferreiro, actualmente en paradoiro descoñecido, en calidade de denunciante-denunciada, para que o vindeiro día vintedous de marzo ás dez horas e dez minutos asista á vista do correspondente xuízo de faltas, que terá lugar na sala de audiencias do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres desta cidade, na planta baixa do Pazo de Xustiza, rúa da Algalia de Abaixo núm. 24, facéndolle saber que poderá ser asistida de avogado, e advertíndoa de que deberá comparecer cos medios de proba de que intente valerse, e que se non o verifica recaerán sobre ela os prexuízos a que haxa lugar en dereito.

Santiago de Compostela, dez de marzo de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado