Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 17 de marzo de 1995 Páx. 2.055

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 1995, do tribunal que xulga as probas selectivas para o acceso ó corpo facultativo de grao medio da Administración especial da Xunta de Galicia, escala técnica de vixilancia pesqueira (grupo B), convocadas por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública, do 24 de febreiro de 1994, pola que se elevan a definitivas as puntuacións obtidas na fase de concurso.

En sesión mantida o día 24 de febreiro de 1995 polo tribunal designado para xulga-las probas de acceso á escala técnica de vixilancia pesqueira (grupo B) da Xunta de Galicia, convocadas por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 24 de febreiro de 1994 (DOG nº 45, do 7 de marzo), acordouse elevar a definitivas as puntuacións obtidas na fase de concurso.

Estas puntuacións atópanse expostas na Dirección Xeral da Función Pública, da Consellería da Presidencia e Administración Pública, nas delegacións provinciais da dita consellería e nos servicios centrais e delegacións territoriais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 1995.

Ana Mª Gallego Castro

Presidenta do tribunal