Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 17 de marzo de 1995 Páx. 2.056

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 1995, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, pola que se anuncia a contratación directa da subministración e instalación dunha rede local nas dependencias das intervencións delegadas da Consellería de Economía e Facenda (Expediente 11/1995).

A Consellería de Economía e Facenda anuncia a contratación directa para a subministración e instalación dunha rede local nas dependencias das intervencións delegadas da Consellería de Economía e Facenda. As características básicas da contratación son as seguintes:

Entidade adxudicataria.-Xunta de Galicia, Consellería de Economía e Facenda, Secretaría Xeral e do Patrimonio. San Caetano, 15704 Santiago de Compostela. Te1f. 54 41 34.

Modalidade.-Contratación directa.

Obxecto.-Subministración e instalación dunha rede local nas dependencias das intervencións delegadas da Consellería de Economía e Facenda.

Prazo de execución.-Dous meses a partir da sinatura do contrato.

Orzamento máximo.-Tres millóns cen mil pesetas (3.100.000 ptas.) IVE incluído.

Forma de pagamento.-Por transferencia bancaria, con facturación previa da subministración e instalación antes mencionadas.

Documentación de interese para os licitadores.-Estará ó dispor dos licitadores durante o prazo de presentación de proposicións, desde as 9 ás 14 horas, no rexistro xeral da Consellería de Economía e Facenda (Edificio administrativo de San Caetano en Santiago de Compostela).

Presentación de proposicións.-As proposicións elaboraranse segundo o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares e deberán presentarse en man no rexistro xeral da Consellería

de Economía e Facenda, ou por correo na forma establecida no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado, antes das 14 horas do décimo día hábil seguinte ó da publicación do anuncio da contratación directa no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que teñan que presenta-los licitadores.-A esixida no prego de cláusulas administrativas particulares.

Apertura de proposicións.-A comisión de contratación procederá á apertura das proposicións económicas o día seguinte ó do remate de presentación de proposicións, ás 11 horas, nas dependencias da Consellería de Economía e Facenda en Santiago de Compostela.

O importe do anuncio de licitación correrá a cargo do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 1995.

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería de

Economía e Facenda