Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 16 de marzo de 1995 Páx. 2.036

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

VIGO-ZOO (ORGANISMO AUTÓNOMO DO CONCELLO DE VIGO)

ANUNCIO de concurso para a contratación, mediante concurso, de obras do organismo autónomo municipal Vigo-Zoo.

I.-Obxecto.

O obxecto do concurso é a contratación das obras de construcción da quinta e última fase do edificio central de usos múltiples, consistente en albanelería, carpintería de madeira, cristalería, aparellos sanitarios, proteccións contraincendios, urbanización exterior, pintura e varios, conforme as determinacións e especificacións do proxecto técnico aprobado por acordo do consello de administración do organismo autónomo municipal Vigo-Zoo, en sesión de data 26 de xaneiro de 1995.

II.-Tipo de licitación.

O prezo-tipo máximo de licitación, IVE incluído, fíxase en 67.974.825 pesetas (sesenta e sete millóns novecentas setenta e catro mil oitocentas vintecinco), sen prexuízo da súa mellora, que, se é o caso, poidan propoñe-los concursantes.

III.-Financiamento.

A adxudicación do contrato quedará en suspenso ata que exista crédito para facer fronte ó importe del.

IV.-Prazo de execución.

O prazo total de execución das obras será como máximo de catro meses, contados desde a data de notificación do acordo de adxudicación, sen prexuízo da súa reducción polos licitadores, como mellora da oferta.

V.-Clasificación empresarial.

Grupo C, subgrupo C2 ou C3, categoría d.

VI.-Fianza provisoria.

Fíxase na contía de 1.359.497 pesetas.

VII.-Prego de condicións.

No decurso dos oito días seguintes á publicación do anuncio de licitación no Boletín Oficial da provincia, poderase presentar reclamación contra os pregos de condicións no Rexistro Xeral do Concello de Vigo.

VIII.-Prazo de presentación de proposicións.

As proposicións presentaranse en sobre pechado no Rexistro Xeral do Concello de Vigo, das 9 ás 13 horas, ou por correo na forma determinada legalmente no prazo dos vinte días (20) hábiles seguintes ó da publicación dos anuncios no Boletín Oficial del Estado, Boletín Oficial da provincia e Diario Oficial de Galicia, acompañados da documentación esixida no prego de condicións.

IX.-Apertura de plicas.

A apertura de plicas terá lugar ás 12 hora do día seguinte hábil no que finalice o prazo de presentación de proposicións, na sala anexa á alcaldía no Concello de Vigo.

X.-Modelo de proposición.

As proposicións para tomar parte no concurso presentarase conforme ó seguinte modelo:

D/Dª ..., con DNI nº... en nome propio (ou en representación de...), informado/a do concurso convocado polo Organismo Autónomo Municipal «Vigo-Zoo», para a contratación mediante concurso de obras para a construcción do edificio central de usos múltiples de Vigo-Zoo, segundo anuncio publicado, solicita tomar parte nel e comprométese:

A) A realiza-las obras obxecto do proxecto no prezo total de...

B) A executa-las obras no prazo total de...

C) Acompaña-la documentación esixida no prego de condicións...

D) Presentar, se é o caso, plan de control de calidade da obra.

E) Presentar documentación acreditativa de ter realizadas obras de características análogas.

F) Declara coñece-lo prego de condicións económico-administrativas e prescricións técnicas, que acepta integramente.

Lugar, data e sinatura do licitador.

Vigo, 9 de febreiro de 1995.

Antonio Nieto Figueroa

Presidente do Consello de Administración

de Vigo-Zoo