Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 16 de marzo de 1995 Páx. 2.036

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

ASOCIACIÓN DE INVESTIGACIÓN DE EMPRESAS PARA A INNOVACIÓN TECNOLÓXICA DE GALICIA

CONSTITUCIÓN da Asociación de Investigación de Empresas para a Innovación Tecnolóxica de Galicia.

Para xeral coñecemento de tódalas empresas interesadas, faise público que o próximo día 29 de marzo, mércores, ás 16.30 horas, na sede de FEUGA, rúa da Conga, 1, de Santiago de Compostela, se celebrará o acto de constitución da Asociación de Investigación de Empresas para a Innovación Tecnolóxica de Galicia, que ten como obxectivos difundi-la importancia da innovación tecnolóxica nas empresas e realizar un conxunto de accións que contribúan a eleva-lo seu nivel.

No dito acto aprobaranse os estatutos e elixirase o seu consello rector.

Vigo, 6 de marzo de 1995.