Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 16 de marzo de 1995 Páx. 2.035

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de urbanización da zona 6A do SU-10.

O Concello Pleno, en sesión ordinaria celebrada o día 9 de febreiro de 1995 adoptou, entre outros o seguinte acordo:

1.-Aprobar inicialmente o proxecto de urbanización da zona 6A do SU-10 por instancia de José Alonso Lage, en representación de Alonso Moure, S.L., condicionado á comparecencia dos promotores, José Alonso Lage e José Gómez Quintas, co obxecto de asumi-lo tratamento conxunto de dúas unidades de execución (6A e 6B). E

2.-Somete-lo expediente a información pública polo prazo de quince días, mediante anuncios no DOG, no BOP e non dos diarios de maior tirada da provincia.

Anúnciase a exposición pública do dito proxecto no departamento de xestión e promoción urbana, polo prazo de quince días, contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio, para que as persoas ou entidades interesadas achegen cantas alegacións coiden oportunas.

Todo iso de conformidade co artigo 117.3 do texto refundido da Lei do solo.

Ourense, 22 de febreiro de 1995.

O alcalde

Rubricado