Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 16 de marzo de 1995 Páx. 2.035

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

EDICTO do 8 de febreiro de 1995 polo que se anuncia a aprobación inicial do estudio de detalle para a ordenación volumétrica da área comprendida entre o carril das Hortas, a avenida Carrero Blanco e o carril das Flores.

O Concello Pleno, en sesión celebrada o día 3-2-95, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle para a ordenación volumétrica da área comprendida entre o carril das Hortas, a avenida Carrero Blanco e o carril das Flores, a solicitude de Construcciones Neira Pérez, S.L.

Conforme o prevido nas disposicións vixentes sométese a información pública por prazo de quince días, durante o cal poderá ser examinado no Servicio de Urbanismo (oficinas municipais de Quiroga Ballesteros), e presentarse as reclamacións ou as suxerencias que se desexen.

Lugo, 8 de febreiro de 1995.

Manuel Carrasco Uceda

Vicesecretario