Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 16 de marzo de 1995 Páx. 2.034

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LEIRO

EDICTO.

Aprobado por este concello, en sesión plenaria celebrada o día vintetrés de febreiro, o prego de

condicións económico-administrativas que rexerá na contratación das obras de saneamento e abastecemento en Corneira, exponse ó público por un prazo de oito días, para o seu exame e presentación de reclamacións.

Ó mesmo tempo convócase poxa, polo procedemento de urxencia, para a adxudicación destas obras, de conformidade co disposto no artigo 122 e 116 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, e con suxeición ó dito prego, se ben a licitación será aprazada cando resulte preciso, no suposto de que sexan formuladas reclamacións contra o prego de condicións.

Obxecto.-O presente contrato ten obxecto a execución da obra denominada saneamento e abastecemento en Corneira, comprendida no proxecto redactado polo enxeñeiro técnico de obras públicas Jesús Iglesias Iglesias, documentos estes aprobados pola corporación.

Tipo de licitación.-Sinálase como tipo de licitación a cantidade de dez millóns trescentas cincuenta e unha mil cincocentas noventa e dúas pesetas (10.351.592) que é o importe do proxecto, e no que vai incluído o do imposto sobre o valor engadido; os licitadores poderán realiza-la mellora mediante baixa respecto a el.

Garantía.-Provisional.-Para tomar parte na contratación, o licitador haberá de constituír na caixa da corporación unha fianza provisional equivalente ó 2 por 100 do tipo de licitación.-A fianza definitiva será equivalente ó 4 por 100 da adxudicación.

Prazo de execución.-O prazo de execución do contrato será de tres meses, contados a partir do día seguinte ó da sinatura da acta de comprobación do replanteo e o prazo de garantía será de un ano a partir do día de recepción provisional das obras.

Presentación de proposicións.-As proposicións e documentación para tomar parte na licitación, presentaranse no rexistro xeral deste concello, dentro do prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da última publicación do anuncio no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, en horas de oficina, desde as 9 ás 14 horas.

As proposicións deberán ser presentadas en dous sobres pechados nos que figurará a lenda Proposición para tomar parte na contratación por poxa das obras de saneamento e abastecemento en Corneira. As proposicións deben axustarse ó modelo que se xunta no prego de condicións.

Apertura de plicas.-No salón de sesións da Casa do Concello, ás doce horas do día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de plicas.

Leiro, 24 de febreiro de 1995.

Abelardo Reinoso Riande

Alcalde