Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 16 de marzo de 1995 Páx. 2.034

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCION do 8 de febreiro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita (Expediente A.T 54/1995).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación dunha L.M.T. e C.T. que ten as seguintes características especiais:

Peticionario: Unión Fenosa.

Lugar no que se vai establece-la instalación: desde o apoio D-8 da L.M.T. dobre circuíto Vilalonga ata o C.T. que se proxecta en Carballal, concello de Sanxenxo.

Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.

Características principais: L.M.T., soterrada, a 20 kV, de 20 m de lonxitude, con conductores tipo R.H.V. C.T. de 250 kVA, en relación de transformación 20 kV-398/230 V.

Presuposto: 4.507.359 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte á publicación desta resolución.

Pontevedra, 8 de febreiro de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra