Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 16 de marzo de 1995 Páx. 2.030

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (344/1994).

Camilo José García Puertas Magariños, secretario da Administración de xustiza, con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, dou fe de que nos autos ós que se fará mención se dictou a sentencia que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

«En Santiago de Compostela o trinta e un de xaneiro de mil novecentos noventa e cinco.

No nome de S.M. El-Rey.

Leonor Castro Calvo, maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres desta cidade, pronunciou a seguinte sentencia:

No xuízo de faltas número 344/1994, dimanante do procedemento seguido por danos intencionados, no que foron parte, ademais do ministerio fiscal, Valentín Álvarez Belmonte, con domicilio na rúa do Cruceiro da Coruña, nº 58-lº dta., Santiago de Compostela, Adelaida de Jesús Costinha Martins, en paradoiro descoñecido, e Antonio Ferreiro Gomes, en paradoiro descoñecido,

Decido:

Que debo condenar e condeno a Adelaida de Jesús Costinha Martins e Antonio Ferreiro Gomes, como autores dunha falta do artigo 597 do Código Penal, con pena de dous días de arresto menor a cada un e a que indemnicen a Valentín Álvarez Belmonte en 15.870 ptas.

Así, por esta miña sentencia, que lles será notificada ás partes, coa advertencia de que contra ela poderán interpoñer recurso de apelación neste xulgado para ante a Audiencia Provincial da Coruña, no prazo de cinco días, quedando as actuacións durante este período en secretaría ó dispor das partes (o recurso formalizarase e tramitarase conforme o disposto nos artigos 795 e 796 da LAC), e da que se unirá certificación ás actuacións orixinais para a súa notificación e cumprimento, pronúncioo, mándoo e asínoo.»

De conformidade co disposto no artigo 248-4º da Lei orgánica do poder xudicial do 1 de xullo de 1985, contra esta resolución as partes poderán interpor recurso de apelación perante o xulgado de instrucción dentro de cinco días, quedando as actuacións durante ese período en secretaría.

E para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e para que sirva de notificación a Adelia de Jesús Costinha Martins e Antonio Ferreiro Gomes, expido e asino o presente testemuño en Santiago de Compostela o dezasete de febreiro de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario xudicial

Rubricado