Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 16 de marzo de 1995 Páx. 2.029

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE RIBEIRA

CÉDULA de notificación de sentencia (347/1994).

Pilar Varela García, secretaria en funcións no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Ribeira, dou fe e testemuño de que no libro de sentencias dictadas por este xulgado en procedementos civís consta a recaída nos autos de proceso de familia con encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

Sentencia. Na cidade de Santa Uxía de Ribeira o vinte de febreiro de mil novecentos noventa e cinco.

Vistos os autos civís de proceso de familia seguidos neste xulgado co número 347/1994, por instancia de Benita Domínguez García, maior de idade, veciña desta cidade, con domicilio na rúa Rosende, 1, de Palmeira, representada pola procuradora Peleteiro Bandín e baixo a dirección técnica do avogado Folgar Louro, contra Alfonso Santos Castro, tamén maior de idade, actualmente en paradoiro descoñecido; sendo parte o ministerio fiscal, sobre separación matrimonial, e pronuncio esta sentencia que baseo nos antecedentes de feito e fundamentos de dereito que seguen.

Decido: que, con estimación da demanda rectora dos presentes autos, formulada pola procuradora Peleteiro Bandín, en nome e representación de Benita Domínguez García, contra Alfonso Santos Castro, debo decretar e decreto xudicialmente a separación matrimonial dos expresados cónxuxes, por concorre-la causa de separación número 1 do artigo 82 do Código civil, ratificándose, así mesmo, as medidas provisionais recaídas na peza separada deste procedemento número 347/1994 deste xulgado por auto de data 17 de novembro do ano 1994 e que son as seguintes:

1) A separación provisional dos esposos, suspendéndose a vida en común dos casados, revogándose os consentimentos e poderes e cesando a posibilidade de vincular bens do outro cónxuxe no exercicio da potestade doméstica.

2) A atribución da garda e custodia dos fillos do matrimonio á nai, se ben a patria potestade continuará exercéndose de modo conxunto por ámbolos dous pais.

3) A asignación de trinta mil pesetas mensuais que o pai deberá aboar como contribución ás cargas do matrimonio e alimentos dos fillos, cantidade que será actualizable anualmente segundo as variacións experimentadas polo índice xeral de prezos ó consumo, establecido polo Instituto Nacional de Estatística ou organismo que o substitúa.

4) Non se fai expreso pronunciamento en custas.

Comuníqueselles esta sentencia, unha vez firme, ás oficinas do Rexistro Civil da Pobra do Caramiñal para anotación do resolto na inscrición do matrimonio dos cónxuxes.

Pola rebeldía de Alfonso Santos Castro, notifíqueselle a presente resolución no modo prevido no artigo 769 da Lei de axuizamento civil.

Contra esta sentencia cabe recurso de apelación en ámbolos dous efectos perante a Audiencia Provincial da Coruña, no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

A sentencia preinserta foi lida e publicada polo xuíz que a subscribe na audiencia pública do mesmo día da súa data.

E para que así conste e para que sirva de notificación en forma ó demandado en situación procesual de rebeldía, Alfonso Santos Castro, expido e asino esta cédula en Santa Uxía de Ribeira o vinte de febreiro de mil novecentos noventa e cinco.

Rubricado