Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 16 de marzo de 1995 Páx. 2.029

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE RIBEIRA

CÉDULA de notificación de sentencia (187/1994).

Elma Ojea Muñiz, secretaria en funcións da Administración de xustiza, no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Ribeira, dou fe e testemuño de que no libro de sentencias dictadas por este xulgado en procedementos civís consta a recaída nos autos de proceso de familia con encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

Sentencia. Na cidade de Santa Uxía de Ribeira o quince de febreiro de mil novecentos noventa e cinco.

Vistos os autos civís de proceso de familia seguidos neste xulgado co número 187/1994, por instancia de María del Carmen Romero Cameán, maior de idade, veciña da Pobra do Caramiñal, con domicilio na rúa Gasset, 42, representada polo procurador Liñares Martínez e baixo a dirección técnica do avogado Fajardo Otero, contra Santiago Bascoy Gómez, tamén maior de idade, actualmente en paradoiro descoñecido; sendo parte o ministerio fiscal, sobre divorcio, e pronuncio esta sentencia que baseo nos antecedentes de feito e fundamentos de dereito que seguen.

Decido: que, con estimación da demanda rectora dos presentes autos, formulada polo procurador Liñares Martínez, en nome e representación de María del Carmen Romero Cameán, contra Santiago Bascoy Gómez, debo declarar e declaro a disolución do matrimonio formado por un e outro cónxuxe, por concorre-la causa de divorcio número 2 do artigo

86 do Código civil, aprobándose así mesmo como medidas:

1) A disolución do réxime económico matrimonial.

2) A privación da patria potestade ó pai respecto das fillas, sen prexuízo de que poida insta-la súa recuperación cando cese a causa que a motivou, tendo en conta sempre o interese das menores.

3) A atribución da garda e custodia das fillas á nai.

4) A privación do réxime de visitas ó esposo respecto das fillas.

5) A atribución do domicilio conxugal á esposa demandante.

6) A asignación de sesenta mil pesetas mensuais que o pai deberá aboar en concepto de alimentos das fillas, cantidade que será actualizable anualmente segundo as variacións experimentadas polo I.P.C. establecido polo Instituto Nacional de Estatística ou organismo que o substitúa.

7) Non se fai expreso pronunciamento en custas.

Comuníquese esta sentencia, unha vez firme, ó Rexistro Civil da Pobra do Caramiñal para anotación do resolto na inscrición do matrimonio dos cónxuxes.

Pola rebeldía de Santiago Bascoy Gómez, notifíqueselle a presente resolución no modo prevido no artigo 769 da Lei de axuizamento civil.

Advírtaselles ás partes que esta sentencia non é firme e contra ela poden interpor recurso de apelación en ámbolos dous efectos perante a Audiencia Provincial da Coruña, no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

A sentencia preinserta foi lida e publicada pola xuíza que a subscribe na audiencia pública do mesmo día da súa data.

E para que así conste e para que lle sirva de notificación en forma ó demandado en situación procesual de rebeldía, Santiago Bascoy Gómez, expido e asino a presente cédula en Santa Uxía de Ribeira o dezaseis de febreiro de mil novecentos noventa e cinco.

Rubricado