Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 16 de marzo de 1995 Páx. 2.031

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (494/1993).

Eu, Lorenzo Villalpando Lucas, secretario da Administración de xustiza, con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela.

Dou fe de que nos autos que se mencionarán se dictou sentencia cun encabezado e parte dispositiva que din así:

«Sentencia. En Santiago de Compostela, dezanove de abril de mil novecentos noventa e catro.

Vistos por Alicia Mansilla Pérez, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro dos do partido, os presentes autos de xuízo verbal de faltas número 494/1993, seguidos por lesións en accidente de tráfico; sendo denunciante/denunciados Ramón Porúa Pardal, representado polo procurador Belmonte Pose, Dositeo López Fernández, Manuel Pazos Blanco, Cía. Previsión Española, Cía de Seguros U.A.P., Cía Sun Alliance, maior de idade, sendo parte igualmente o ministerio fiscal.

Decido que debo absolver e absolvo a Ramón Porúa Pardal da falta que se lle imputa con declaración das custas de oficio e con reserva de accións civís ó prexudicado Dositeo López Fernández.

Contra esta sentencia cabe recurso de apelación a interpoñer no prazo de cinco días desde a súa notificación, perante este xulgado para a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo.»

Para que así conste e lle sirva de notificación en legal forma a Manuel Pazos Blanco, o cal se encontra en paradoiro descoñecido, expido, selo e asino a presente cédula en Santiago de Compostela, catorce de febreiro de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado