Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 16 de marzo de 1995 Páx. 2.015

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 10 de marzo de 1995 pola que se nomean funcionarios en prácticas do corpo de mestres os opositores seleccionados no procedemento selectivo convocado pola Orde do 7 de xuño de 1994 e están ocupando vacantes dotadas orzamentariamente.

Pola Orde do 7 de xuño de 1994 (DOG do 10) convocouse o procedemento selectivo de acceso ó corpo de mestres, en expectativa de ingreso na Comunidade Autónoma de Galicia.

O punto 11 da citada orde establece que as prácticas terán por obxecto a valoración da aptitude para a docencia dos aspirantes seleccionados, realizando as mesmas nos destinos provisorios que lles corresponda.

Aqueles aspirantes que superaron o procedemento selectivo e non son nomeados funcionarios en prácticas por non existiren prazas vacantes, terán a consideración de seleccionados en expectativa de nomeamento e serán nomeados funcionarios en prácticas cando aquelas se produzan e en todo caso, ó comezo do curso académico 1995-96.

Publicada por Orde do 9 de febreiro de 1995 (DOG do 17) a relación de aspirantes seleccionados que superaron o procedemento selectivo de acceso ó corpo de mestres, procede nomear funcionarios en prácticas a aqueles que estean desempeñando un posto docente nun centro dependente da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Na súa virtude, esta Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Primeiro.-Nomear funcionarios en prácticas do

corpo de mestres ós aspirantes que se relacionan no anexo que se xunta.

Segundo.-Os opositores que superaron o procedemento selectivo, convocado pola Orde do 7 de xuño de 1994 (DOG do 10), e non son nomeados funcionarios en prácticas na presente orde, terán a consideración de seleccionados en expectativa de nomeamento e serán nomeados funcionarios en prácticas con ocasión de vacante dotada orzamentariamente e, en todo caso, ó comezo do curso académico 1995-96.

Terceiro.-O nomeamento como funcionario en prácticas producirá efectos económicos e administrativos do 15 de marzo de 1995.

Cuarto.-O réxime retributivo dos funcionarios en prácticas será o establecido no Real decreto 456/1986, do 10 de febreiro (BOE do 6 de marzo), polo que se fixan as retribucións dos funcionarios en prácticas.

Quinto.-Os funcionarios en prácticas que xa estean prestando servicios remunerados na Administración como funcionarios de carreira ou interinos, contratados administrativos ou como persoal laboral, sen prexuízo da situación administrativa ou laboral que de acordo coa normativa vixente lles corresponda, deberán formular opción para a percepción das remuneracións en tanto persista a súa condición de funcionario en prácticas, de conformidade co disposto no Real decreto 456/1986, do 10 de febreiro (BOE do 6 de marzo).

Sexto.-A Dirección Xeral de Persoal adoptará tódalas medidas e dictará as instruccións que coide oportunas para o desenvolvemento da presente orde.

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 1995.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria