Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 16 de marzo de 1995 Páx. 2.018

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 1995, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se anuncian as vacantes para cubrir no concurso de traslados entre funcionarios do corpo de mestres, convocado por Orde do 15 de outubro de 1994 (DOG do 26).

Para lle dar cumprimento ó establecido na disposición trixésimo cuarta das normas comúns das convocatorias previstas na Orde do 15 de outubro de 1994 (DOG do 26).

Esta dirección xeral resolve:

Anuncia-las vacantes que serán cubertas no concurso que se cita e que figuran no anexo desta resolución.

As vacantes resultantes do proceso previsto na Orde do 4 de xaneiro de 1995 (DOG do 20) así

como as producidas como consecuencia de incremento de postos, de estar previstas na planificación escolar do curso 1995-96, tal e como establece o último parágrafo da disposición décimo terceira da Orde do 15 de outubro de 1994, consonte co disposto no artigo 9º do Real decreto 895/1989, serán anunciadas na resolución provisional do concurso para ser adxudicadas na resolución definitiva.

Contra esta resolución cabe reclamación, no prazo de dez días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 1995.

Jaime García García

Director xeral de Persoal