Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 16 de marzo de 1995 Páx. 2.014

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 23 de febreiro de 1995, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da asociación empresarial Gesclub.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos neste, faise público que, no correspondente servicio desta dirección xeral, foron depo

sitados acta de constitución e estatutos da asociación empresarial Gesclub, que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán afiliarse á asociación os titulares de pequenas e medianas empresas comerciais do sector doméstico no seu máis amplo aspecto, que estean legalmente constituídas.

Asinan a acta de constitución Pastor López Álvarez e cinco persoas máis.

Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 1995.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais