Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 15 de marzo de 1995 Páx. 1.988

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

EXPOSICIÓN pública do estudio de detalle do edificio na rúa Arenal, 16, esquina rúa Pontevedra.

Aprobado inicialmente polo Concello Pleno, con data 30 de novembro de 1994, o estudio de detalle edificio rúa Areal, 15, esquina rúa Pontevedra (3110/411), redactado por Jorge Alonso de la Fuente e visado polo COAG con data 8 de xuño de 1994, coa seguinte observación:

-Deberá especificar con todo detalle os materiais e o tratamento de paramentos, carpintería e acristalamento da nova edificación:

Sométese a información pública, polo prazo de quince días hábiles con anuncios no Diario Oficial de Galicia, Boletín Oficial da provincia, Faro de Vigo e taboleiro de anuncios da casa do concello, así como notificación persoal ós propietarios e restantes interesados directamente afectados.

Así mesmo, o devandito acordo sinala como área afectada pola suspensión de licencias de parcelación edificación e demolición a abranguida polo seu ámbito, cos límites seguintes:

Norte: Rúa Areal.

Sur: Rúa Pontevedra.

Leste: Rúa Areal, 14.

Oeste: Rúa Pontevedra.

O prazo entenderase aberto desde a primeira publicación ata o remate dos quince días, contados desde o día seguinte ó do derradeiro anuncio.

O que se fai público para xeral coñecemento, significando que a documentación se atopa na Oficina Municipal de Información para exame e alegacións.

Vigo, 5 de xaneiro de 1995.

Carlos A. González Príncipe

Alcalde