Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 15 de marzo de 1995 Páx. 1.988

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

MANCOMUNIDADE DE CONCELLOS DO RIBEIRO

ANUNCIO de convocatoria pública para prover mediante sistema de concurso-oposición prazas de persoal laboral.

Anúnciase convocatoria pública para prover, mediante sistema de concurso-oposición, cinco prazas de operarios de servicios múltiples, un administrativo e dúas asistentes sociais, para a Mancomunidade de Concellos do Ribeiro, publicadas no BOP número 53, do 4 de marzo de 1995, sendo o prazo de presentación de instancias de vinte días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación da convocatoria no BOE.

Beade, 4 de marzo de 1995.

O presidente

Rubricado