Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 15 de marzo de 1995 Páx. 1.988

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO.

O Pleno do Concello, en sesión do 30 de decembro de 1994, aprobou inicialmente o estudio de detalle da unidade de xestión «G» do peri de Concheiros-Cotaredo-San Lázaro (As Fontiñas), promovido por Manusan, S.L. O expediente exponse ó público no Negociado de Planeamento e Xestión polo prazo de 15 días contados a partir do seguinte ó da publicación desta anuncio no Diario Oficial de Galicia, co obxecto de que os interesados poidan presenta-las alegacións que xulguen oportunas.

Por aplicación do disposto no artigo 102.2º do Real decreto 1/1992, o acordo de aprobación inicial do estudio de detalle determina por si só, a suspensión de outorgamento de licencias no ámbito da actuación, polo prazo máximo de dous anos, e sen prexuízo da concesión daquelas licencias que, fundadas no réxime vixente, respecten as determinacións do novo planeamento. O ámbito afectado ten os seguintes lindes:

Norte: rúa do Valiño, desde a súa intersección coa rúa París ata a casa nº 84.

Sur: terreos do polígono 1 do Plan Parcial das Fontiñas, coincidente co trazado da rúa de Oslo.

Leste: casa nº 84 da rúa do Valiño e terreos dela.

Oeste: rúa de París.

A suspensión do outorgamento de licencias poderase impugnar mediante a interposición de recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses desde a publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 1995.

P.D.

Pedro A. Fernández Fernández

Concelleiro delegado de Urbanismo