Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 15 de marzo de 1995 Páx. 1.987

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIANXO

ANUNCIO.

O Pleno municipal, en sesión celebrada o día 7 de febreiro de 1995, aprobou inicialmente os estudios de detalle correspondentes a:

1.-Pazo de Rianxiño (desenvolvemento do plan parcial SAU-3).

2.-Predio Castelo.

3.-Estudio de detalle do plan parcial SAU-2-Gudiños.

O que se expón ó público polo prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no último diario oficial no que se publique (DOG ou BOP), para os efectos de exame e reclamacións.

Rianxo, 14 de febreiro de 1995.

O alcalde

Rubricado