Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 15 de marzo de 1995 Páx. 1.987

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE REDONDELA

ANUNCIO do prego de condicións e convocatoria de concurso para a contratación do servicio público de recollida domiciliaria de lixo.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra nº 48, de data 9 de marzo de 1995, publícase anuncio sobre aprobación prego de condicións e convocatoria concurso para a contratación mediante arrendamento da xestión do servicio público de recollida domiciliaria de lixo e transporte a vertedoiro, e reposición, limpeza e mantemento de contadores.

Tipo de licitación: 65.250.000 ptas. IVE incluído, a baixa.

Duración do contrato: 10 anos.

Fianzas: Provisional; 400.000 ptas.

Definitiva: 10.000.000 de ptas.

Presentación de proposicións: na Secretaría Xeral do Concello, das 9 ás 13 horas, ata o 3 de abril de 1995.

Modelo de proposición e exame do expediente: na secretaría xeral do concello.

Redondela, 9 de marzo de 1995.

O alcalde

Rubricado