Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 15 de marzo de 1995 Páx. 1.985

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (230/1994).

Lorenzo Villalpando Lucas, secretario da Administración de Xustiza, con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, dou fe de que nos autos ós que se fará mención se dictou a sentencia que no seu encabezado e parte dispositiva di:

«En Santiago de Compostela o dezaoito de xaneiro de mil novecentos noventa e cinco.

Vistos por Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro dos do partido, os presentes autos de xuízo verbal de faltas número 230/1994, seguidos por furto, sendo denunciante Manuel Severino Carballo Iglesias, maior de idade, aparecendo como parte denunciada Antonio Sánchez Ferreira, maior de idade, sendo parte igualmente o ministerio fiscal.

Decido: que debo condenar e condeno a Antonio Sánchez Ferreira, cotno autor responsable dunha falta de furto do art. 587-1º do Código penal, á pena de seis días de arresto menor, debendo indemnizar a Manuel Severino Carballo Iglesias na cantidade de 2.500 ptas. Deberá tamén aboa-las custas procesuais.

Contra esta sentencia cabe recurso de apelación que se interporá no prazo de cinco días desde a súa notificación ante este xulgado para a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo.»

E para que así conste e sirva de notificación en legal forma a Manuel Ángel Trento Puente, que se atopa en paradoiro ignorado, expido, selo e asino esta cédula en Santiago de Compostela o sete de febreiro de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado