Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 15 de marzo de 1995 Páx. 1.984

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (427/1994).

Lorenzo Villalpando Lucas, secretario da Administración de xustiza, con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, dou fe de que nos autos ós que se fará mención se dictou a sentencia que no seu encabezado e parte dispositiva di:

«En Santiago de Compostela o vinteún de decembro de mil novecentos noventa e catro.

Vistos por Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro dos do partido, os presentes autos de xuízo verbal de faltas número 427/1994, seguidos por coaccións, denunciante María del Carmen Requeijo Iglesias, maior de idade, e aparecendo como parte denunciada José Ramón Fuentes García, maior de idade, sendo parte igualmente o ministerio fiscal.

Decido: que debo absolver e absolvo libremente a José Ramón Fuentes García da falta inicialmente imputada sen que proceda facer declaración sobre a responsabilidade civil, declarando as custas de oficio.

Contra esta sentencia cabe recurso de apelación que se interporá no prazo de cinco días desde a súa notificación ante este xulgado para a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo.»

E para que así conste e sirva de notificación en legal forma a María del Carmen Requeijo Iglesias, que se atopa en paradoiro ignorado, expido, selo e asino esta cédula en Santiago de Compostela o seis de febreiro de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado