Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 15 de marzo de 1995 Páx. 1.984

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (353/1992).

Camilo José García Puertas y Magariños, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, certifico que en libro de sentencia dictadas por este xulgado en procedementos civís consta a recaída en autos de xuízo executivo nº 353/1992, que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

Sentencia. En Santiago de Compostela, un de setembro de mil novecentos noventa e catro. Vistos por Leonor Castro Calvo, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela e o seu partido, os

presentes autos de xuízo executivo número 353/1992, promovidos por Banco Central Hispano Americano, S.A., representado polo procurador Ricardo García-Piccoli Atanes, e defendido polo letrado Francisco Jiménez de Llano Zato, contra Autos 33, S.A., Amadeo Posse Vidal, María Paz Rodríguez Hermida, Manuel Fernández Bernárdez e María Trinidad Fernández Fernández, declarados en rebeldía, sobre reclamación de cantidade.

E que na súa parte dispositiva di: que debo mandar e mando seguir adiante a execución, ata facer remate nos bens embargados e que no sucesivo poidan embargárselle ó debedor Autos 33, S.A., Amadeo Posse Vidal, María Paz Rodríguez Hermida, Manuel Fernández Bernárdez e María Trinidad Fernández Fernández e co seu producto enteiro e cumprido pagamento ó acredor, da cantidade de 3.283.441 pesetas de principal e 2.500.000 pesetas máis calculadas, sen prexuízo de ulterior liquidación, para xuros e custas causadas e que se causen, as cales expresamente lle impoño á parte demandada. Líbrese e únase certificación desta resolución ás actuacións, incluíndose a orixinal no libro de sentencias. Contra esta resolución cabe interpoñer perante este xulgado recurso de apelación no prazo de cinco días. Así, por esta miña sentencia, que lles será notificada ós demandados na forma e modo que a lei prevé para os rebeldes, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste e a súa presentación no DOG, co fin de que lles sirva de notificación en forma ós demandados Manuel Bernárdez e María Trinidad Fernández Fernández, libro esta cédula en Santiago de Compostela o dezaseis de febreiro de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado