Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 15 de marzo de 1995 Páx. 1.984

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (269/1994-01).

Salvador Sanz Crego, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela e o seu partido, fai saber que neste xulgado se tramita xuízo de faltas número 269/1994 por instancia de Laura Mariela Galli Santiago contra Fernando José Barcia Varela, actuacións nas que en resolución desta data se acordou citar a Fernando José Barcia Varela para que o día vinte de abril, ás dez quince horas, compareza perante este xulgado para asistir á celebración do oportuno xuízo de faltas, apercibíndoo de que, no caso de non o verificar, sufrirá os prexuízos correspondentes en dereitos, e de que deberá comparecer asistido das probas de que intente valerse.

E para que conste e lle sirva de citación a Fernando José Barcia Varela expido e asino este edicto en Santiago de Compostela o trece de febreiro de mil novecentos noventa e cinco.

Rubricado