Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 15 de marzo de 1995 Páx. 1.983

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (198/1994-01).

Eu, Salvador Sanz Crego, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela e o seu partido, fago saber que neste xulgado se tramita xuízo de faltas número 198/1994, por instancia de Juan Ángel Botana Calvo, contra José Manuel Figueira Ordóñez e Cristina Brión Ordóñez, nas actuacións do cal se dictou sentencia cun encabezamento e parte dispositiva á letra din:

Sentencia. Na cidade de Santiago de Compostela, vintedous de novembro de mil novecentos noventa e catro.

Eu, Salvador Sanz Crego, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela e o seu partido, despois de ver en xuízo oral e público o expediente de xuízo de faltas número 198/1994, sobre furto, no que foron partes, como denunciante, Juan Ángel Botana Calvo; maior de idade e veciño de Santiago de Compostela, con domicilio na Cidade do Transporte, número 13, polígono do Tambre; como prexudicada a entidade Galimerca, e como denunciado José Manuel Figueira Ordóñez, maior de idade e veciño de Rianxiño, Rianxo, cunhas circunstancias persoais que xa constan en autos, e o ministerio fiscal; pronuncio esta sentencia:

Decisión: condeno a José Manuel Figueira Ordóñez, como autor responsable dunha falta frustrada de forte recollida no artigo 587 do Código penal á pena de catro días de arresto menor e ó pagamento das custas procesuais causadas nesta instancia.

Firme esta resolución, expídase testemuño do actuado e remítase á fiscalía de menores do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia para os efectos acordados.

Contra a presente resolución poderá interpoñerse recurso de apelación por escrito, presentado perante este xulgado no prazo de cinco días a contar desde a súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Para que conste e sirva de notificación a Juan Ángel Botana Calvo, expido e asino o presente edicto en Santiago de Compostela, nove de febreiro de mil novecentos noventa e cinco.

Rubricado