Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 15 de marzo de 1995 Páx. 1.983

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (43/1994).

Gonzalo Jorge Cabaleiro de Saa, secretario da Administración de xustiza con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela, certifica que no libro de sentencias dictadas por este xulgado en procedementos civís consta a recaída nos autos de xuízo executivo número 43/1994, co encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

Sentencia: «Na cidade de Santiago de Compostela o vintetrés de decembro de mil novecentos noventa e catro, Salvador Sanz Crego, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número 2 dos de Santiago de Compostela e do seu partido, viu os presentes autos de xuízo verbal seguidos neste xulgado baixo o número 43/1994, por instancia de Jesús Martínez Puente, maior de idade, casado, veciño de Santiago de Compostela, con domicilio na rúa de San Xoán, 6-2º C, representado polo procurador Regueiro Muñoz e coa asistencia técnica do letrado Vázquez Mato, contra Encarnación Bermejo Iglesias e José Manuel Martín Bermejo, maiores de idade, veciños da Coruña e con domicilio na ría Monte das Moas, 11-13-8º M, ámbolos dous en situación

procesual de rebeldía, e contra a aseguradora Mutua Madrileña de Taxis, con domicilio social en Madrid, rúa Trafalgar, 11, representada polo procurador Reymóndez Potela e coa asistencia técnica do letrado Astray Colma.

Decido que debo desestimar e desestimo a demanda interposta pola representación de Jesús Martínez Puente contra Encarnación Bermejo Iglesias, José Manuel Martín Bermejo e a compañía de seguros Mutua Madrileña de Taxis, así como a reconvención formulada pola deste último demandado contra aquel demandante, impoñendo ó demandante as custas da demanda e á codemandada-reconveniente as de reconvención.

Notifíquese esta resolución ós demandados rebeldes de conformidade co establecido nos artigos 769 en relación co 282 e 283 da Lei de axuizamento civil, de non poder levarse a cabo a notificación persoal.

Contra esta resolución poderá interpoñerse neste xulgado recurso de apelación por escrito no prazo de cinco días, contados desde a súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncico, mándoo e asínoo.»

A sentencia preinserida foi publicada no mesmo día da súa data polo maxistrado-xuíz que a subscribe; e para que conste e sirva de notificación en forma á demandada en situación procesual de rebeldía, Encarnación Bermejo Iglesias e Jose Manuel Martín Bermejo, con domicilio na rúa Montes das Moas nº 11-13, A Coruña, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o 20 de febreiro de 1995.

Rubricado