Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 15 de marzo de 1995 Páx. 1.985

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 1995, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, pola que se anuncia concurso público aberto para a contratación dun programa de transferencia de ficheiros.

A Consellería de Economía e Facenda convoca o concurso público aberto para a contratación dun programa de transferencia de ficheiros que ten as seguintes características básicas:

Entidade adxudicadora: Xunta de Galicia, Consellería de Economía e Facenda, Secretaría Xeral e do Patrimonio. San Caetano, 15704 Santiago de Compostela. Telf. 54 41 34.

Modalidade: concurso público aberto.

Obxecto: a adquisición don programa de transferencias de ficheiros.

Prazo e lugar de entrega: un mes a partir da notificación da adxudicación. A entrega realizarase nos servicios centrais e periféricos da Consellería de Economía e Facenda.

Orzamento máximo: cinco millóns de pesetas (5.000.000 ptas.), IVE incluído.

Forma de pagamento: por transferencia, logo da facturación.

Documentación de interese para os licitadores: estará a disposición dos licitadores durante o prazo de presentación de proposicións, desde as 9 horas ás 14 horas, no rexistro xeral de Economía e Facenda (edificio administrativo San Caetano en Santiago de Compostela).

Presentación de proposicións: as proposicións elaboraranse segundo o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares e deberanse presentar en man no rexistro xeral da Consellería de Economía e Facenda, ou por correo na forma establecida no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado, antes das 14 horas do vixésimo día hábil seguinte ó da publicación do anuncio do concurso no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que teñen que presenta-los licitadores: a esixida no prego de cláusulas administrativas particulares.

Fianza provisional: cen mil pesetas (100.000 ptas.).

Apertura de proposicións: a mesa de contratación procederá á apertura de proposicións económicas en acto público ó que poderán asisti-los licitadores e os seus representantes, nas dependencias da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, en San Caetano (Santiago de Compostela), ás 11 horas do cuarto día hábil, que non coincida en sábado, seguinte ó da finalización do prazo de presentación das proposicións.

O importe do anuncio de licitación correrá a cargo do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 1995.

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería de

Economía e Facenda