Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 15 de marzo de 1995 Páx. 1.973

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 10 de marzo de 1995 pola que se nomean funcionarios en prácticas do corpo de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de música e artes escénicas, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño os opositores que superaron os procedementos selectivos convocados por Orde do 8 de xuño de 1994 e están ocupando vacantes dotadas orzamentariamente.

Por Orde do 8 de xuño de 1994 (DOG do 10) convocáronse procedementos selectivos de acceso e ingreso ós corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de música e artes escénicas, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño, en expectativa de ingreso na Comunidade Autónoma de Galicia.

O apartado 1 da base común 10 da citada Orde establece que as prácticas terán por obxecto a valoración das aptitudes didácticas dos aspirantes que aprobaron a fase de oposición, realizándose nos destinos provisionais que lles corresponda co desempeño da función docente con plena validez académica.

Así mesmo, de conformidade co disposto no apartado 1 da base común 11 da Orde do 8 de xuño de 1994, os aspirantes que superaron o procedemento selectivo e non son nomeados funcionarios en prácticas por non existiren prazas vacantes terán a consideración de seleccionados en expectativas

de nomeamento e serán nomeados funcionarios en prácticas cando aquelas se produzan e, en todo caso, no comezo do curso académico 1955-96.

Publicada por Orde do 7 de febreiro de 1994 (DOG do 15), a relación de aspirantes que superaron o procedemento selectivo de acceso e ingreso nos distintos corpos convocados, procede nomear funcionarios en prácticas a aqueles que estean desempeñando un posto docente nun centro dependente da Conselleria de Educación e Ordenación Universitaria.

Na súa virtude, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Primeiro.-Nomear funcionarios en prácticas do corpo de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de música e artes escénicas, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño, ós opositores que se relacionan nos anexos 1, II, III, IV, V e VI da presente orde.

Segundo.-Os opositores que superaron o procedemento selectivo, convocado pola Orde do 8 de xuño de 1994 e non son nomeados funcionarios en practicas na presente orde, terán a consideración de seleccionados en expectativa de nomeamento e serán nomeados funcionarios en prácticas con ocasión de vacante dotada orzamentariamente, e en todo caso, ó comezo do curso académico 1995-96.

Con tal finalidade, tódolos aspirantes que superaron os procedementos selectivos de acceso e ingreso, que non estean exentos de realiza-la fase de prácticas e non teñan concedido o seu aprazamento para o curso 1995-96, deberán participar no proceso de adxudicación de praza provisional que, para o citado curso, convoque a Dirección Xeral de Persoal.

Os que estando exentos de realiza-la fase de prácticas desexen incorporarse o curso 1995-96 a unha praza do corpo no que van acceder, deberán, así mesmo, participar no proceso de adxudicación anteriormente citado.

Terceiro.-O nomeamento como funcionario en prácticas producirá efectos económicos e administrativos do 15 de marzo de 1995.

Cuarto.-O réxime retributivo dos funcionarios en prácticas será o establecido no Real decreto 456/1986, do 10 de febreiro, (BOE do 6 de marzo), polo que se fixan as retribucións dos funcionarios en prácticas.

Quinto.-Os funcionarios en prácticas que xa estean prestando servicios remunerados na Administración como funcionarios de carreira ou interinos, contratados administrativos ou como persoal laboral, sen prexuízo da situación administrativa ou laboral que de acordo coa normativa vixente lles corresponda, deberán formular opción pola percepción das remuneracións, durante a súa condición de funcionarios en prácticas de conformidade co disposto no Real decreto 456/1986, do 10 de febreiro (BOE do 6 de marzo).

Sexto.-A Dirección Xeral de Persoal adoptará tóda

las medidas e instruccións que sexan necesarias para o desenvolvemento da presente orde.

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 1995.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

Sr. Director Xeral de Persoal