Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 15 de marzo de 1995 Páx. 1.973

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 1995, do tribunal designado para xulga-las probas selectivas para o acceso ó corpo de auxiliares técnicos da Xunta de Galicia, escala básica de vixilancia pesqueira (grupo D), convocadas por Orde do 24 de febreiro de 1994, da Consellería da Presidencia e Administración Pública, pola que se elevan a definitivas as puntuacións obtidas na fase de concurso.

En sesión celebrada o día 2 de marzo de 1995 polo tribunal designado para xulga-las probas selectivas para o acceso ó corpo de auxiliares técnicos da Xunta de Galicia, escala básica de vixilancia pesqueira (grupo D), convocadas por Orde do 24

de febreiro de 1994, da Consellería da Presidencia e Administración Pública, acordouse elevar a definitivas as puntuacións obtidas na fase de concurso.

As devanditas puntuacións atópanse expostas nos taboleiros de anuncios das seguintes dependencias:

-Dirección Xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

-Consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

-Delegacións provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

-Delegacións territoriais e comarcais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 1995.

A. Alejandro Alonso Pantoja

Presidente do tribunal