Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 15 de marzo de 1995 Páx. 1.967

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 24 de febreiro de 1995, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se aproban os temarios que rexerán nas probas selectivas para o ingreso como persoal estatutario de institucións sanitarias da Seguridade Social, de psicólogo e traballador social.

O Real decreto 118/1991, do 25 de xaneiro, sobre selección de persoal estatutario e provisión de prazas nas institucións sanitarias da Seguridade Social, establece que as probas selectivas para o acceso á condición de persoal estatutario se axustarán ós principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade e constarán, con carácter xeral, das fases de concurso e oposición.

Procede, na súa consecuencia, con carácter previo á publicación das correspondentes convocatorias no DOG, dar público coñecemento dos temarios das clases referidas, que rexerán na fase de oposición do proceso selectivo.

Polo que antecede, de conformidade cosas competencias atribuídas na orde do 15 de setembro de 1994 sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde e logo de negociación coas organizacións sindicais presentes na Mesa Sectorial de Sanidade, esta dirección xeral

RESOLVE:

Aproba-los temarios que rexerán nas probas selectivas para o ingreso como persoal estatutario das institucións sanitarias da Seguridade Social de psicólogo e traballador social, que se publican nos anexos da presente resolución.

Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 1995.

Carlos Negreira Souto

Director xeral de Recursos Humanos do Servicio

Galego de Saúde

ANEXO I

PSICÓLOGOS

TEMA 1.-A Constitución española: Principios xerais, estructura e contido. Dereitos e deberes fundamentais: dereitos e liberdades, garantías das liberdades e dereitos fundamentais. As Cortes Xerais: as cámaras de elaboración das leis. O Goberno e a Administración.

TEMA 2.-O Estatuto de autonomía de Galicia: estructura e contido. O Parlamento. A Xunta e o seu presidente. A Administración pública galega. A economía e a facenda.

TEMA 3.-Concepto da saúde: evolución histórica e actual consideración do mesmo. O dereito á protección da saúde desde a perspectiva constitucional: concepto e ámbito.

TEMA 4.-A Lei xeral de sanidade (I). Obxeto e estructura da lei. Ámbito de aplicación. O sistema de saúde: principios xerais. Actuacións sanitarias. Saúde mental. Saúde laboral. Intervención pública en relación coa saúde individual e colectiva. Infraccións e sancións.

TEMA 5.-A Lei xeral de sanidade (II). Competencias das administracións públicas en materia de saúde. Estructura do sistema sanitario público. A coordinación xeral sanitaria. Docencia e investigación no sistema nacional de saúde.

TEMA 6.-Consellería de Sanidade e Servicios Sociais: estructura e competencias. Servicio Galego de Saúde: natureza xurídica, estructura e competencias.

TEMA 7.-Asistencia sanitaria: obxecto e feitos causantes. Beneficiarios. Prestacións médicas e farmacéuticas. Modalidades da prestación médica. A participación dos beneficiarios no prezo dos medicamentos. A universalidade da asistencia sanitaria.

TEMA 8.-A atención primaria de saúde: concepto e características xerais. A ordenación da atención primaria na Comunidade Autónoma de Galicia. Órganos de dirección. Asistencia especializada: concepto e características xerais. A ordenación da atención especializada na Comunidade Autónoma de Galicia. Órganos de dirección.

TEMA 9.-Regulación da saúde mental en Galicia: obxecto e directrices xerais. Coordinación da saúde mental. Dispositivos básicos da saúde mental e funcións. Dispositivos complementarios da saúde mental e funcións. Educación, docencia, investigación e evaluación na saúde mental.

TEMA 10.-O persoal estatutario. Previsións da Lei xeral de sanidade en materia de persoal. Estatutos do personal estatutario da Seguridade Social. Ámbito de aplicación. Clasificación do persoal. Situacións.

TEMA 11.-A comunidade. Concepto. Psicoloxía comunitaria. Definición e modelos teóricos.

TEMA 12.-A elaboración de programas comunitarios: a avaliación comunitaria.

TEMA 13.-A elaboración de programas comunitarios: a intervención e a acción social.

TEMA 14.-A educación para a saúde. Programas de educación sanitaria específicos para a atención á saúde mental.

TEMA 15.-A prevención na saúde mental. Prevención primaria, secundaria e terciaria.

TEMA 16.-Fundamentos de epidemioloxía. Concepto. Medidas de frecuencia da enfermidade. Enfermidade e diagnóstico. Sensibilidade e especificidade. Indicadores de risco e causas de enfermidade.

TEMA 17.-Os estudios epidemialóxicos: tipos de estudios. A calidade dos estudios. A análise estratificada.

TEMA 18.-Epidemioloxía das enfermidades mentais. O modelo de Goldberg e Huxley.

TEMA 19.-Estatística básica: funcións da estatística. Tipos de medida de variables. A organización dos datos: tipos de distribucións e percentís. Técnicas básicas de representación de variables. Características da distribución de frecuencias: tendencia central, dispersión e forma.

TEMA 20.-Estatística inferencial: concepto. Probabilidade: Nocións básicas. A mostraxe: definición e tipos. A elaboración da hipótese estatística. As probas de decisión para dúas mostras. A análise de varianza.

TEMA 21.-Economía da saúde: conceptos básicos de economía sanitaria. A avaliación económica. Características económicas da saúde. A saúde como ben económico. Procesos productivos de asistencia sanitaria e saúde. O mercado dos servicios sanitarios.

TEMA 22.-O período prenatal. Factores xenéticos e hereditarios. Os dous primeros anos do infante. Desenvolvemento senso-perceptivo e cognitivo.

TEMA 23.-A primeira infancia: O desenvolvemento do cognitivo, da linguaxe e do proceso de socialización.

TEMA 24.-Entre os seis e os doce anos. Desenvolvemento cognitivo, social e moral. A adolescencia. Desenvolvemento cognitivo. O proceso da identidade persoal.

TEMA 25.-A idade adulta: O proceso de desenvolvemento das aptitudes e do desenvolvemento do seu. As crises normativas da vida.

TEMA 26.-O proceso de avellentamento: factores biolóxicos do avellentamento. Os procesos sociais e cognitivos no avellentamento.

TEMA 27.-Bases neurofisiolóxicas e neuroanatómicas da conducta: o sistema nervioso humano: as súas funcións. Conceptos básicos de neurofisioloxía. Neuroanatomía funcional. A asimetría cerebral.

TEMA 28.-Bases psiconeuroendócrinas da conducta: as relacións entre o sistema nervioso, sistema endócrino e a conducta.

TEMA 29.-A personalidade. Principais enfoques teóricos e metodolóxicos: a escola psicodinámica, a teoría dos constructos persoais, a escola psicométrica.

TEMA 30.-A entrevista como elemento diagnóstico e terapéutico. A comunicación, interacción e procesos na entrevista. Técnicas e modalidades.

TEMA 31.-A historia clínica como elemento integrador do proceso diagnóstico-terapéutico. Os seus compoñentes.

TEMA 32.-O proceso psicodiagnóstico: as súas fases. A comunicación de resultados: o informe.

TEMA 33.-Os procedementos de recollida de información. Principais técnicas: técnicas de observación, técnicas obxectivas os autoinformes a entrevista, as técnicas subxectivas e as técnicas proxectivas.

TEMA 34.-A avalisción da intelixencia xeral. Supostos básicos e principais probas.

TEMA 35.-A avaliación das aptitudes. Supostos básicos e principais probas.

TEMA 36.-A avaliación da personalidade. A avaliación de tipos e temperamentos. A avaliación segundo as teorías factoriais.

TEMA 37.-A avaliación das características psicopatolóxicas. O xuízo clínico. Os autoinformes na avaliación patalóxica. A avaliación multidimensional. A avaliación de trastornos específicos.

TEMA 38.-A avaliación da motivación: Supostos teóricos da motivación humana. A avaliación dos intereses, valores e motivos. A avaliación das atribucións e os estilos atributivos. A avaliación das expectativas.

TEMA 39.-A avaliación psiconeurolóxica. Conceptos básicos. A exploración mediante probas xerais. A avaliación mediante técnicas específicas. Baterías de exploración neuropsicolóxica. A exploración en nenos.

TEMA 40.-A avaliación do desenvolvemento psicomotor. Supostos básicos da psicomotricidade. Procedementos tradicionais e a avaliación de perfís específicos.

TEMA 41.-A avaliación do desenvolvemento inte

lectual desde o enfoque piaxetinano. A avaliación do desenvolvemento social.

TEMA 42.-A avaliación do desenvolvemento da linguaxe. A avaliación da linguaxe falada desde procedementos estandarizados e non estandarizados. A avaliación da lingua escrita.

TEMA 43.-A avaliación durante a vellez. As súas peculiaridades. Avaliación do funcionamento intelectual, afectivo e social.

TEMA 44.-A avaliación das interaccións do suxeito co seu ambiente. Supostos básicos. A análise das interaccións sociais. Aplicacións.

TEMA 45.-Psicopatoloxía da atención e consciencia. Conceptos e tipos de trastornos.

TEMA 46.-Psicopatoloxía da memoria. Concepto e tipos de trastornos.

TEMA 47.-Os trastornos formais do pensamento. Concepto e tipos de trastornos.

TEMA 48.-Psicopatoloxía do pensamento: os delirios. Concepto e clasificacións.

TEMA 49.-Psicopatoloxía da percepción e imaxinación. Concepto e tipos de trastornos.

TEMA 50.-Psicopatoloxía da linguaxe. Concepto e tipos de trastornos.

TEMA 51.-Sistemas de codificación de patoloxía. Utilidade. Sistemas máis utilizados: DSMIII-R, CIE-10. Vantaxes e inconvenientes.

TEMA 52.-As esquizofrenias. Teorías etiolóxicas, clínica, diagnóstico psicolóxico e intervención psicolóxica.

TEMA 53.-Os trastornos paranoides. Teorías etiolóxicas, clínica, diagnóstico psicolóxico e intervención psicolóxica.

TEMA 54.-Os trastornos por ansiedade: ansiedade xeneralizada, as fobias e os trastornos de adaptación. Teorías etiolóxicas, clínica, diagnóstico psicolóxico e intervención psicolóxica.

TEMA 55.-Os trastornos obsesivos compulsivos. Teorías etiolóxicas e tratamento. Etioloxía, clínica, diagnóstico psicolóxico e intervención psicolóxica.

TEMA 56.-Os trastornos disociativos e somataformes. Teorías etiolóxicas, clínica, diagnóstico psicolóxico e intervención psicolóxica.

TEMA 57.-Os trastornos afectivos. Teorías etiolóxicas, clínica, diagnóstico psicolóxico e intervención psicolóxica.

TEMA 58.-Os trastornos da personalidade. Teorías etiolóxicas, clínica, diagnóstico psicolóxico e intervención psicolóxica.

TEMA 59.-Alcoholismo. Diagnóstico psicolóxico. Alternativas terapéuticas. Programas de prevención, rehabilitación e reinserción social.

TEMA 60.-Drogodependencias non alcohólicas. Programas de prevención, asistencia e reinserción social.

TEMA 61.-Trastornos dos hábitos e control de impulsos. Teorías etiolóxicas, clínica, diagnóstico psicolóxico e intervención psicolóxica.

TEMA 62.-Trastornos da conducta alimentaria. Teorías etiolóxicas, clínica, diagnóstico psicolóxico e intervención psicolóxica.

TEMA 63.-A sexualidade humana. Criterios de valoración psicolóxica no estudio da conducta sexual normal e patolóxica.

TEMA 64.-As disfuncións sexuais. Diagnóstico e tratamento psicolóxico.

TEMA 65.-Trastornos da identidade e inclinación sexual.

TEMA 66.-O control da natalidade. Aspectos psicolóxicos derivados destas intervencións. Bases da planificación familiar.

TEMA 67.-Trastornos non orgánicos do sono.

TEMA 68.-Psicoxeriatría: concepto. Bases conceptuais da intervención psicolóxica en programas psicoxeriátricos. O equipo interdisciplinar.

TEMA 69.-Trastornos mentais orgánicos: as demencias. Etioloxía, clínica, diagnóstico psicométrico e intervención psicolóxica.

TEMA 70.-O retraso mental. Etioloxía, clínica, diagnóstico psicométrico e intervención psicolóxica.

TEMA 71.-Os trastornos específicos da fala e da lingua. Etioloxía, clínica, diagnóstico psicométrico e intervención psicolóxica.

TEMA 72.-Os trastornos específicos do aprendizaxe escolar. Etioloxía, clínica, diagnóstico psicométrico e intervención psicolóxica.

TEMA 73.-Os trastornos xeneralizados do desenvolvemento. Etioloxía, clínica, diagnóstico psicométrico e intervención psicolóxica.

TEMA 74.-Os trastornos hipercinéticos. Etioloxía, clínica, diagnóstico psicométrico e intervención psicolóxica.

TEMA 75.-Os trastornos disociais e os trastornos do comportamento social na infancia. Etioloxía, clínica, diagnóstico psicométrico e intervención psicolóxica.

TEMA 76.-Os trastornos emocionais na infancia. Etioloxía, clínica, diagnóstico psicométrico e intervención psicolóxica.

TEMA 77.-Trastornos por tics. Etioloxía, clínica, diagnóstico psicométrico e intervención psicolóxica.

TEMA 78.-Trastornos do control de esfínteres: encoprese, eneurese. Etioloxía, clínica, diagnóstico psicométrico e intervención psicolóxica.

TEMA 79.-Modificación da conducta: técnicas derivadas do condicionamento clásico.

TEMA 80.-Modificación da conducta: técnicas derivadas do condicionamento operante.

TEMA 81.-Modificación da conducta: técnicas

derivadas da aprendizaxe social: o adestramento en habilidades sociais, o adestramento a pais.

TEMA 82.-Terapia racional-emotiva de Albert Ellis. Bases teóricas e procedemento.

TEMA 83.-A terapia cognitiva de A. Beck. O modelo cognitivo de disfunción. Recursos técnicos e aplicacións.

TEMA 84.-A inoculación ó estrés e o adestramento en autoinstruccións de Meichembaum. Principios técnicos e aplicacións.

TEMA 85.-O adestramento en solución de problemas. Bases teóricas. Principios técnicos e aplicacións.

TEMA 86.-Terapia psicoanalítica. Psicoterapia dinámica de apoio. Fundamentos teórico-técnicos e aplicacións.

TEMA 87.-Psicoterapia dinámica breve. Fundamentos teórico-técnicos e aplicacións.

TEMA 88.-Aproximacións humanísticas á psicoterapia: a psicoterapia centrada no cliente de C. Rogers; a logoterapia de V. Frankl; a análise transacional, terapias enerxéticas, terapia guestáltica. Conceptos básicos.

TEMA 89.-A terapia familiar. Bases teóricas da aproximación sistémica á psicoterapia: a escola de Palo-Alto, a escola estructural/estratéxica (Haley e Minuchin) e a escola de Milán. Técnicas empregadas e aplicacións.

TEMA 90.-A psicoterapia de grupo. Definición. A organización do grupo terapéutico. A dinámica de grupo e os factores terapéuticos. Tipos de grupo e técnicas terapéuticas específicas.

TEMA 91.-Intervención en urxencias psicosociais. Principios de actuación.

TEMA 92.-Os programas de enlace e interconsultas psicolóxicas. O apoio psicolóxico ós pacientes crónicos, doentes terminais, a dor crónica, a hospitalización infantil.

TEMA 93.-Os factores psicolóxicos nos trastornos cardiovasculares. Técnicas de intervención psicolóxicas.

TEMA 94.-Os factores psicolóxicos nos trastornos gastrointestinais. Técnicas de intervención psicolóxicas.

TEMA 95.-Os factores psicolóxicos nos trastornos respiratorios. Técnicas de intervención psicolóxicas.

TEMA 96.-Os factores psicolóxicos nos trastornos endócrinos. Técnicas de intervención psicolóxicas.

TEMA 97.-A rehabilitación e reinserción social dos enfermos mentais. Definición, principios e conceptos fundamentais.

TEMA 98.-A organización de recursos e o desenvolvemento de programas útiles aplicados á reinserción social. Técnicas psicolóxicas específicas de rehabilitación.

TEMA 99.-A peritación psicolóxica. Avaliación da capacidade de dar testemuño.

TEMA 100.-Deontoloxía profesional. Normas éticas de actuación do psicólogo no ámbito sanitario.

ANEXO II

TRABALLADOR SOCIAL

Tema 1.-A Constitución española: principios xerais, estructura e contido. Dereitos e deberes fundamentais: dereitos e liberdades, garantías das liberdades e dereitos fundamentais. As Cortes Xerais: as cámaras de elaboración das leis. O Goberno e a Administración.

Tema 2.-O Estatuto de autonomía de Galicia: estructura e contido. O Parlamento. A Xunta e o seu presidente. A Administración pública galega. A economía e a facenda.

Tema 3.-A estructura orgánica da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais. Estructura orgánica do Servicio Galego de Saúde.

Tema 4.-A atención primaria de saúde: concepto e características xerais. A ordenación da atención primaria na Comunidade Autónoma de Galicia. Órganos de dirección. Asistencia especializada: concepto e características xerais. A ordenación da atención especializada na Comunidade Autónoma de Galicia. Órganos de dirección.

Tema 5.-O persoal estatutario das institucións sanitarias da Segutidade Social. Previsións da Lei xeral de sanidade en materia de persoal. Estatutos que o regulamentan. Especial consideración do estatuto de persoal non sanitario: Ámbito de aplicación, clasificación do persoal, situacións administrativas, dereitos e deberes, funcións profesionais, xornada de traballo.

Tema 6.-Regulación da saúde mental en Galicia: obxecto e directrices xerais. Coordinación da saúde mental. Dispositivos básicos da saúde mental e funcións. Dispositivos complementarios da saúde mental e funcións. Educación, docencia, investigación e avaliación na saúde mental.

Tema 7.-Asistencia sanitaria: obxecto e feitos causantes. Beneficiarios. Prestacións médicas e farmacéuticas. Modalidades da prestación médica. A participación dos beneficiarios no prezo dos medicamentos.

Tema 8.-A universalización do dereito á asistencia sanitaria. Dereitos e obrigas dos usuarios dos servicios do sistema sanitario público.

Tema 9.-Diferencias entre diagnóstico e avaliación. Obxectivos e técnicas en cada un destes procesos. Tipos de diagnóstico en traballo social: diagnóstico dinámico, diagnóstico clínico, diagnóstico etiolóxico. Interrelación entre eles.

Tema 10.-O diagnóstico en traballo social individualizado e familiar: concepto. Proceso diagnóstico. Principais factores a ter en conta. O diagnóstico en traballo social de grupo: proceso diagnóstico. Aspectos a ter en conta no diagnóstico dun grupo.

Tema 11.-A primeira entrevista en traballo social individualizado. O tratamento no traballo social individualizado. Cando se inicia. Obxectivos. Diferentes enfoques e formas de tratamento.

Tema 12.-O tratamento directo: concepto. Obxec

tivos. Técnicas. Transferencia e contratransferencias na relación traballador social-cliente. Diferentes enfoques no tratamento directo. O uso da relación profesional.

Tema 13.-Tratamento indirecto: concepto. Obxectivos. Técnicas. O traballo en redes: concepto. Utilidade deste tipo de intervencións. Relación con outras formas de intervención do traballador social. Interdisciplinaridade e traballo en redes.

Tema 14.-O tratamento en traballo social de grupo: fases do proceso de tratamento en grupo. Grupos terapéuticos. Grupos orientados cara á acción social. Diferencias entre un e outro tipo de grupos, en canto a obxectivos, técnicas, desenvolvemento do proceso grupal e papel do traballador social.

Tema 15.-O proceso metodolóxico no traballo social: fases do proceso. Interrelación entre as diversas fases. A familia como obxecto de intervención no traballo social. Obxectivos.

Tema 16.-Técnicas no traballo social con familias. Traballo social familiar e terapia de familia: diferencias e similitudes en canto a obxectivos, técnicas e orientación. Integración da terapia de familia na práctica clínica do traballador social.

Tema 17.-A entrevista no traballo social: a entrevista como medio de diagnóstico e de tratamento en traballo social individualizado. A entrevista familiar: características.

Tema 18.-O traballo social como proceso psicosocial. O cliente/doente como realidade bio-psicosocial. Aspectos internos e externos. Relacións. Comunicacións. Utilización dos servicios e recursos sociais polo traballador social: obxectivos. O asistente social nos servicios sociais. Interdisciplinaridade e servicios sociais.

Tema 19.-Tratamento psicosocial a curto e longo prazo: diferencias en canto a obxectivos, técnicas e formas de intervención do traballador social. Indicacións para a asunción dun caso polo traballador social: o «caso social». Criterios de diagnóstico e de derivación. A visita domiciliaria como técnica no traballo social: obxectivos e forma de prepara-la visita domiciliaria. Límites á/da visita domiciliaria.

Tema 20.-Principios básicos do traballo social (1): individuación. Expresión de sentimentos. Participación emocional. Aceptación. Principios básicos do traballo social (II): «neutralidade» do traballador social. Autodeterminación. Segredo profesional.

Tema 21.-Participación do cliente no proceso de traballo social: Integración do cliente/doente ó longo de todo o proceso a nivel individual, familiar e de grupo.

Tema 22.-Documentación básica utilizada no traballo social: a ficha, a historia psico-social e o informe social. Características e finalidades de cada un deles.

Tema 23.-Concepto de historia psico-social: a historia psico-social como instrumento de traballo do asistente social. Partes de que debe constar. Aspectos máis relevantes. Utilización no diagnóstico, tratamento e derivación de casos, cando proceda.

Tema 24.-A «crónica de grupo». Documento/s uti

lizado/s para recolle-lo acontecer do proceso grupa~. Aspectos a salientar.

Tema 25.-O proceso de planificación no traballo social. Plan. Programa. Proxecto. A planificación por obxectivos. Aspectos macro e microsociais. A planificación como parte do proceso metodolóxico no traballo social: a planificación na atención individualizada e familiar. Aspectos máis relevantes. A planificación na atención grupal. Aspectos a ter en conta.

Tema 26.-A supervisión no traballo social: concepto. Supervisión clínica. Supervisión institucional. Importancia da supervisión na práctica clínica do traballador social. O traballador social no equipo multidisciplinar: aportacións específicas do traballador social.

Tema 27.-O método científico. Características e elementos básicos. A investigación social. Características. O campo da investigación social. Relación entre teoría e investigación. Investigación básica e investigación aplicada. O proceso de investigación. Obxectivo da investigación. Deseño. Selección de métodos e técnicas. Elección da mostra. Recompilación de datos. Elaboración. Análise e interpretación.

Tema 28.-Procedementos para a recompilación de datos. A observación. A entrevista. O cuestionario. Escalas de actitudes e opinións. Tests. A sociometría. Recompilación documental. A semántica diferencial. Análise de contido. Aspectos máis importantes de cada unha destas técnicas. Vantaxes e limitacións de cada unha delas.

Tema 29.-Elaboración, análise e interpretación de datos. Parámetros de posición. Parámetros de dispersión. Razóns, proporcións, porcentaxes e taxas. Correlación e regresión. Presentación de datos. A redacción do informe. Preparación e estructura. Uso de referencias e estilo.

Tema 30.-Estatísticas de saúde pública. Estatísticas vitais. Estatísticas de morbilidade.

Tema 31.-Saúde e enfermidade como fenómenos ecolóxicos. O home e o seu ambiente interno. O home e o seu ambiente externo. O home e o ambiente social.

Tema 32.-Epidemioloxía da saúde e da enfermidade. Causalidade múltiple dos fenómenos biolóxicos. Constitución, ambiente e saúde. Patoloxía social. Concepto da enfermidade social. Epidemioloxía: o método epidemialóxico. Relación entre método clínico e epidemiolóxico. Algúns principios fundamentais da epidemioloxía: multicausalidade; susceptibilidade e vulnerabilidade; variabilidade na resposta do hóspede. Usos da epidemioloxía. Expresións de uso frecuente en epidemioloxía. Determinación do nivel de saúde. Índice para medi-lo nivel.

Tema 33.-Determinantes multidimensionais da saúde: persoas, situacións e sistemas sociais. Causas da enfermidade: xenética, do entorno familiar, do entorno xeral, da conducta persoal. Outros factores causais.

Tema 34.-Determinantes multidimensionais da saúde: situacións de estrés psicolóxico e social; falta de apoio social; ambiente físico insán.

Tema 35.-Determinantes multidimensionias da saúde: sistemas sociais. Sistema económico e política económica. Sistema social e política social. Sistema de saúde e política sanitaria.

Tema 36.-A saúde do neno, desde o seu nacemento ata a idade escolar. Aspectos psico-sociais. Prevención. Tratamento. Educación sanitaria.

Tema 37.-A saúde no escolar. Aspectos psico-sociais. Intervención do traballador social. Traballo en redes.

Tema 38.-O adolescente: etapa de problemas biolóxicos, psicolóxicos e sociais. Prevención. Intervención do traballador social.

Tema 39.-Saúde do adulto. Aspectos psicosociais na saúde do adulto. Importancia dos factores ambientais. Prevención. Papel do asistente social.

Tema 40.-O proceso de avellentamento: xeriatría e xerontaloxía. Prevención. Tratamento e rehabilitación. O asistente social ante este proceso. Relación cos organismos de benestar social.

Tema 41.-A invalidez e as enfermidades crónicas invalidantes. Proceso bio-psico-social. Importancia do enfoque globalizador de cara á prevención, tratamento e rehabilitación. O papel do traballador social. Traballo social individualizado, familiar e de redes.

Tema 42.-Saúde mental. Principais categorías dignósticas. Características e especificidades de cada unha delas. Influencia dos factores psico-sociais na saúde mental. Intervención do traballador social.

Tema 43.-Drogodependencia non alcohólica. Características xerais dos drogodependentes. Factores psicosociais. Tratamento, rehabilitación e reinserción psicosocial. Intervención do traballador social nos programas de prevención.

Tema 44.-Alcoholismo. Factores psicosociais do alcoholismo. Problemática socio-laboral e familiar do paciente alcohólico. Intervención do traballador social nos programas de prevención, asistencia e rehabilitación psico-sociais. Programas de integración comunitaria.

Tema 45.-Tabaquismo. Características socio-culturais do hábito de fumar. Efectos do tabaco sobre a saúde. Intervención do traballador social nos programas de prevención, tratamento e rehabilitación do fundador crónico.

Tema 46.-Cancro. Enfermidades cardiovasculares. Enfermidades infecto-contaxiosas. Aspectos psicosociais a ter en conta. Papel do traballador social na prevención, tratamento e rehabilitación.

Tema 47.-O doente terminal. O sufrimento ante a próxima morte. Acompañamento do doente en fase terminal. A familia do doente terminal. Aspectos psico-sociais do doente e da familia. Intervención do Traballador Social.

Tema 48.-A unidade de atención primaria. Obxectivos e funcións. Aportacións que realiza o asistente social no campo da atención primaria á saúde.

Tema 49.-Embarazo. Planificación familiar. Aborto. Enfermidades xinecolóxicas. Aspectos psico-so

ciais. O papel do traballador social no equipo de saúde da muller.

Tema 50.-Traballo social hospitalario. Estructura do departamento de traballo social no hospital. Integración dos traballadores sociais nos diferentes servicios hospitalarios. Aportacións do traballador social no ámbito hospitalario. Funcións.

Tema 51.-Programa de saúde do adulto e traballo social. Intervención do traballador social. Obxectivos. Planificación. Aspectos clínicos da intervención do asistente social.

Tema 52.-O traballador social e o persoal de enfermería comunitaria. Diferencias en canto a obxectivos específicos, métodos e técnicas de intervención e funcións no equipo de saúde. Colaboración entre ámbolos profesionais.

Tema 53.-O traballo social nos servicios sanitarios e a súa relación coa rede de servicios sociais. Necesidade de colaboración. O asistente social sanitario como demandante de servicios sociais.

Tema 54.-O traballador social sanitario e a intervención comunitaria. Obxectivos. Diferentes formas de intervención. O asistente social como nexo de unión entre o equipo e a comunidade. O traballo social sanitario como actividade clínica. Concepto. Aportacións clínicas do asistente social ó equipo de saúde.

Tema 55.-Grupos marxinais. A mendicidade. Problemática socio-laboral dos grupos marxinados. A intervención do traballador social.

Tema 56.-Poboación penitenciaria. Asistencia sanitaria. Intervención do traballador social nas prestacións socio-sanitarias e laborais da poboación reclusa.