Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 15 de marzo de 1995 Páx. 1.980

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 1 de marzo de 1995 pola que se anuncia convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designacion, de un posto de traballo vacante na Consellería de Industria e Comercio.

De conformidade co establecido no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 15.4º da mesma lei, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Anuncia-la convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, o posto de traballo que se indica no anexo I desta orde.

Segundo.-Poderán concorrer a ela os funcionarios de carreira que reúnan as condicións sinaladas no anexo I.

Terceiro.-As solicitudes dirixiránselle por escrito, segundo o modelo que se inclúe no anexo II, á Secre

taría Xeral da Consellería de Industria e Comercio, no prazo de 15 días contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, podendo presentarse en calquera das formas previstas no art. 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Cuarto.-Os aspirantes deberán unir á petición un curriculum vitae xustificando documentalmente os méritos que aleguen. Os méritos alegados e non probados non se terán en conta.

Quinto.-Esta convocatoria será resolta pola Consellería de Industria e Comercio. Caso de que resulten seleccionados para ocupa-lo posto de traballo que se anuncia no anexo I desta orde, funcionarios con destino na Administración xeral do Estado, nos seus organismos autónomos, na Administración da Seguridade Social, na Administración local, ou que estean nesta Comunidade Autónoma como consecuencia dunha comisión de servicios concedida conforme o disposto na disposición transitoria oitava, punto 4º da Lei 30/1984, do 2 de agosto, tramitaráselle-lo seu destino a esta Comunidade Autónoma e unha vez concedido pola súa Administración de orixe, procederase a adxudicárselle-lo posto para o que foron seleccionados.

Sexto.-A resolución desta convocatoria farase pública no DOG e poderá declararse deserto o posto, se se considera oportuno.

Sétimo.-O prazo de toma de posesión será de tres días se o destino anterior radica na mesma localidade de novo destino, e de un mes se radica en localidade

distinta ou comporta o reingreso ó servicio activo. O prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ó do cesamento, que deberá producirse dentro dos tres días seguintes ó da publicación no DOG.

Oitavo.-Contra esta orde poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do da publicación desta orde no DOG.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 1995.

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio

ANEXO

Código do posto: ICC040000015770001.

Denominación do posto: secretario/a do director xeral.

Dependencia: Dirección Xeral de Comercio.

Localidade: Santiago de Compostela.

Tipo do posto: N.

Grupo: C/D.

Nivel dest.: 18.

Complemento específico: 506.772.

Corpo/escala: xeral.

Formación específica: mecanografía.