Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 14 de marzo de 1995 Páx. 1.958

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ANUNCIO do 14 de febreiro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a solicitude de urxente ocupación de bens e dereitos afectados polas instalacións eléctricas que se indican a prol da entidade mercantil Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. (Expediente número 52.786).

De conformidade co disposto no artigo 31 do Regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre

expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2.619/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., co enderezo na r/ Fernando Macías, 2, 15004 A Coruña, de declaración de urxente ocupación para a expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso, sobre os bens e dereitos que se afectan pola instalación da liña eléctrica a 15/20 kV, de Lavandeira ó polígono de Peiceira, no concello de Cabanas.

A declaración de utilidade pública da devandita instalación, que foi outorgada por resolución do 27 de outubro de 1994, leva implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou adquisición dos dereitos afectados, así como a imposición da servidume de paso de enerxía eléctrica, segundo o artigo 14.1 do Decreto 2.619/1966.

En consecuencia, calquera persoa dentro dos quince días seguintes ó da última publicación deste anuncio que se inserirá no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da provincia, e no xornal La Voz de Galicia, e os interesados propostos como titulares dos predios afectados contidos nas adxuntas relacións, ós que se lles practicará notificación individual, cos que non foi posible o mutuo acordo, en

igual prazo, conforme o artigo 16 do Decreto 2.619/1966, poderán aportar por escrito os datos oportunos para rectificaren posibles erros das devanditas relacións, así como formularen as alegacións en razón do disposto nos artigos 25 e 26 do decreto, para tal efecto estará exposto o expediente cos planos de situación e parcelario das instalacións nesta delegación, sita no edificio administrativo Monelos, 15071 A Coruña, en horas de oficina.

Cando os interesados neste procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou medio que permita ter constancia da recepción, a notificación farase conforme o artigo 59.4 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (Lei 30/1992, do 26 de novembro).

En todo caso, os propietarios afectados poderán solicitar, a través deste organismo expropiante, que o peticionario lles facilite os demais datos que consideren precisos para a identificación dos seus bens, segundo o artigo 15 do Decreto 2.619/1966.

A Coruña, 14 de febreiro de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña