No recurso contencioso-administrativo número 2/5081/1992, seguido perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, interposto por José Ribadeo Gamallo e outros, contra resolución do vinteoito de outubro de mil novecentos noventa e dous, do conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes, recaeu sentencia nº 636/94, do 28 de xullo; o seu dictame é o seguinte:
«Que debemos estima-lo recurso contencioso-administrativo deducido por José Ribadeo Gamallo e demais persoas relacionadas no encabezamento da presente contra resolución do conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes da Xunta de Galicia do vinteoito de outubro de mil novecentos noventa e dous, desestimatoria do recurso de alzada contra resolución do delegado da dita consellería en Pontevedra do catorce de xullo do propio ano, aprobando a adxudicación en poxa de masas comúns da zona de concentración parcelaria de Moreira, no municipio da Estrada; e en consecuencia debemos anular e anulamos tales actos administrativos por non encontralos axustados ó ordenamento xurídico....»
Disposto por Orde do 30 de xaneiro de 1994, o cumprimento da citada sentencia nos seus propios termos.
Esta consellería resolveu darlle publicidade a ela para xeral coñecemento.
Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 1995.
P.D. (Orde 13-12-1993)
Antonio Luis Rosón Pérez
Secretario xeral da Consellería de Agricultura,
Gandería e Montes