Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 14 de marzo de 1995 Páx. 1.958

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente A.T. 60/1995).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación dun desvío

intalacións eléctricas por reforma Estrada N-541 que ten as seguintes características especiais:

Peticionario: Unión Fenosa.

Lugar no que se vai estable-la instalación: na variante Mourente-Marín II, desde o apoio 2 ó 5, na variante L.M.T. a C.T. Carabelos, da L.M.T. Mourente-Almofrei desde o apoio 0 ata o C.T. existente Carabaelos, e desde o apoio 13 ó 23 da L.M.T. Mourente-Marín I, concellos de Pontevedra e Cotovade.

Finalidade da instalación: desvío de instalacións por reforma estrada N.

Características principais: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 40 m e 265 m de lonxitude, con conductores LA-56 e LA-110, sobre apios metálicos e de formigón. L.M.T., soterrada, a 20 kV, de 430 m de lonxitude, con conductores RHV. Traslado do emprazamento dos centros de transformación xa existentes nomeados Valdecobos e Folgoso, de 100 e 50 kVA, respectivamente. R.B.T., aérea, de 2.240 m de lonxitude, con conductores tipo RZ.

Orzamento: 17.360.099 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 9 de febreiro de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra