Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 14 de marzo de 1995 Páx. 1.955

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 10/1995).

Para os efectos previstos no Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública as solicitudes da entidade mercantil Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con enderezo na r/ Severo Ochoa nº 2, 15008 A Coruña, para a autorización administrativa das instalacións que seguen:

-Liña eléctrica subterránea de media tensión, a 15/20 kV, baixo tubo e con conductor RHV 12-20 kV de 3(1x95) mm Al, de 55 m de lonxitude, con orixe na liña campo feira-Xeneral Mola (expediente 52.875) e remate en nº 19, Rúa da Canteira.

-Centro de transformación, en soto edificio vivendas en nº 19, Rúa da Canteira, de 630 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV. Ordes.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo Monelos, 15071 A Coruña.

A Coruña, 2 de febreiro de 1995.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña