Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 14 de marzo de 1995 Páx. 1.955

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 11/1995 (10.608)).

Para os efectos previstos no Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública as solicitudes da entidade mercantil Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con enderezo na r/ Severo Ochoa nº 2, 15008 A Coruña, para a autorización administrativa das instalacións que seguen:

-Liña eléctrica subterránea de media tensión, a 20 kV, sobre apoios de formigón e baixo tubo, de 44 m e 130 m de lonxitude, rspectivamente, nas partes aérea a subterránea, con orixe na liña que alimenta a C.T. porto de Fontán (expdiente 10.608) e remate en C.T. tamén en porto de Fontán.

-Centro de transformación en edificio prefabricado, de 630 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV. Sada.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo Monelos, 15071 A Coruña.

A Coruña, 2 de febreiro de 1995.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña