Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 14 de marzo de 1995 Páx. 1.954

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 1995 pola que se anuncia a licitación do concurso para a construcción dun paso subterráneo no punto quilométrico 4/147 para a supresión dun paso a nivel no punto quilométrico 4/122 da liña do ferrocarril Guillarei-Tui, no municipio de Tui (Pontevedra).

A Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, por proposta da Dirección Xeral de Transportes, convoca o seguinte concurso:

1. Obxecto: concurso de adxudicación de obra para a construcción dun paso subterráneo no p.k. 4/147 para a supresión dun paso a nivel no p.k. 4/122 da liña do ferrocarril Guillarei-Tui, no municipio de Tui (Pontevedra).

2.-Presuposto: 36.314.224 ptas.

3.-Prazo: 4 meses.

4.-Documentos de interese para os licitadores: Os pregos de cláusulas administrativas particulares, así

como o proxecto, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes para o seu exame nos servicios centrais da Dirección Xeral de Transportes e nas delegacións provinciais da CPTOPV, durante o prazo de presentación de proposicións, tódolos días laborais, agás sábados, durante as horas hábiles de oficina.

5.-Modelo de proposición: proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta no anexo número 1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

6.-Presentación de proposicións: as proposicións deberán ser entregadas en man, no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, desde as 9 h ás l4 h ou enviadas por correo dentro do prazo sinalado.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta, mediante télex ou telegrama, no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado, redactado polo Real decreto 2.528/1986, do 28 de novembro.

7.-Plazo de presentación: será de vinte (20) días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

8.-Clasificación necesaria: a clasificación requirida será:

Grupo A; subgrupos 1 y 2; categoría D.

Grupo B; subgrupos 2 y 3; categoría D.

Grupo D; subgrupo 5; categoría D.

Grupo G; subgrupo 4 y 6; categoría D.

9.-Apertura de proposicións:

9.1.-Lugar: na sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificio administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela.

9.2.-Día e hora: ás 11 horas do quinto día hábil, que non sexa sábado, seguinte á data do termo do prazo de presentación de proposicións.

10.-Documentos que deben presenta-los licitadores: os que figuren no prego de cláusulas administrativas particulares, segundo as circunstancias de cada licitador, significándose que deberá achegarse na documentación xeral (sobre nº 1º) certificado de clasificación definitiva ou copia autenticada, se é o caso, para cada solución que se presente nos grupos, subgrupos e categorías adecuadas de acordo co proxecto, prazo e importe de cada proposición.

11.-Será por conta do adxudicatario o gasto ocasionado pola inserción da presente resolución no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 1995.

P.D. (Orde do 25/10/1983, DOG 14/12)

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes