Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 14 de marzo de 1995 Páx. 1.954

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de citación (951/1994).

Pola presente cédula e en virtude do acordado nesta data polo xuíz do social nº 3 Luis Álvarez Fernández, nos autos rexistrados co número 951/1994, de orde, seguidos por instancia de Juan Manuel López Santos contra Cerca Grande, S.A. e outros, en reclamación por salarios, para o día dezanove de abril ás dez horas e vinte minutos, cítase a representación legal de Pesqueras del Estrecho, S.A.; S.W.B. Fishing Limited; Wadnor Limited, Pesquera Nuevo Mundo, S.A., Río Salor, S.A., Edificio España, S.A., Compañía Internacional de Pesca, S.A. (Cipesca), e Fishing Explorer Ltd. que tivo o seu domicilio nesta comunidade e hoxe de paradoiro descoñecido, en única convocatoria, para que acompañados de tódolos medios de proba de que se intenten valer, comparezan neste xulgado sito na rúa Monforte s/n, edificio Novos Xulgados, planta 1ª, A Coruña, co fin de asistir á celebración do acto de xuízo correspondente, prevíndoos de que a copia da demanda se atopa ó seu dispor neste xulgado.

Dado na Coruña, sete de febreiro de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado