Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 14 de marzo de 1995 Páx. 1.954

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (423/1990).

Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia número catro de Santiago de Compostela e o seu partido xudicial,

Fai saber que neste xulgado do meu cargo se seguen autos de xuízo declarativo ordinario de menor contía co número 423/1990 por instancia de José Míguez Vilaboa representado pola procuradora Sánchez Silva, contra outro e Fernando Queimadelos Martín-Lanuza sobre reclamación de cantidade, dictándose con data 21 de novembro último pasado, sentencia, da que o encabezamento e sentencia literalmente din:

«Sentencia. En Santiago de Compostela, vinteún de novembro de mil novecentos noventa e catro.

Vistos por Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia número catro dos do partido, os presentes autos de xuízo declarativo de menor contía nº 423/1990, sobre reclamación de cantidade, promovido pola procuradora Sánchez Silva, en nome e representación de José Míguez Vilaboa, demandante-reconvido, maior de idade, baixo a dirección letrada de Alberto Torreiro Santiso, sendo parte demandada-reconviniente Basilio Rodríguez Tilve, maior de idade, baixo a representación procesual da procuradora Regueiro Muñoz, e a defensa letrada de Emilio Carrujo Lorenzo, demandado así mesmo Fernando Queimadelos Martín-Lanuza, maior de idade, declarado en rebeldía.

Decido: que estimando a demanda principal interposta por José Míguez Vilaboa, contra Fernando Queimadelos Martín-Lanuza e Basilio Rodríguez Tilve, condenar e condeno a estas a aboar ó actor a cantidade de 4.345.080 ptas. máis o xuro legal desde a data desta sentencia, sen expreso pronunciamento sobre as custas ó estimar ámbalas demandas.

Así mesmo debo estimar e estimo a demanda de reconvención deducida por Basilio Rodríguez Tilve, contra José Míguez Vilaboa, e en consecuencia condenar a este a aboar ó reconviniente a cantidade de 320.000 ptas. sen condena en custas a ningunha das partes.

Así por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo. Segue a sinatura da maxistrada.»

E, para que o acordado se cumpra e para publicar no taboleiro de anuncios deste xulgado e no DOG para que sirva de notificación en forma ó codemandado rebelde, expido o presente edicto, que é dado en Santiago de Compostela, vinteún de xaneiro de mil novecentos noventa e cinco.

A maxistrada

Rubricado

O secretario

Rubricado