Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 14 de marzo de 1995 Páx. 1.948

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 1995, da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Centros, pola que se lle autoriza a ampliación de dúas unidades do segundo ciclo de educación infantil ó centro privado San Fernando, de Vigo (Pontevedra).

Examinado o expediente incoado pola titularidade do centro privado San Fernando de Vigo (Pontevedra) no que solicita a ampliación de dúas unidades do 2º ciclo de educación infantil no dito centro.

Resultando que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra que o envía cos informes emitidos pola Inspección de Educación, pola Unidade Técnica de Construccións e pola Oficina de Supervisión de Proxectos.

Vistos a Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo (BOE do 4), o Real decreto 1.004/1991, do 14 de xuño, polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitario (BOE do 26) e demais disposicións complementarias.

Considerando que o devandito centro privado ten autorización ou clasificación definitiva para impartir educación preescolar.

Considerando que o Real decreto 1.004/1991 establece, na súa disposición transitoria terceira, que os centros privados que teñan autorización ou clasificación definitiva para imparti-la educación preescolar, na entrada en vixencia desta real decreto, enténdense autorizados para poder imparti-lo segundo ciclo de educación infantil.

Esta dirección xeral resolveu:

Autoriza-la ampliación de dúas unidades do segundo ciclo de educación infantil ó centro privado que se relaciona no anexo da presente resolución, facendo constar que, para a súa posta en funcionamento, a titulación do profesorado deberá axustarse ó establecido no Real decreto 1.004/1991.

Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 1995.

Gerardo Muñoz Sánchez-Brunete

Director xeral de Ordenación Educativa e Centros

ANEXO QUE SE CITA

PROVINCIA DE PONTEVEDRA

Concello: Vigo.

Localidade: Vigo.

Enderezo: Baixada Salgueira, 39.

Denominación: San Fernando.

Titular: Sociedad Mercantil Colegio San Fernando, S.A.

Nivel: Educación Infantil 2º ciclo.

Unidades de que constaba: 1 de educación preescolar-párvulos.

Unidades novas autorizadas: 2.

Total de unidades autorizadas: 3.