Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 14 de marzo de 1995 Páx. 1.944

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 31 de xaneiro de 1995 pola que se convocan cursos de iniciación e de perfeccionamento de lingua galega para o persoal das administracións públicas de Galicia.

A Lei 3/1983, de normalización lingüística, recollendo o que dispoñen a Constitución española e o Estatuto de autonomía de Galicia, establece que o galego é lingua oficial en Galicia. En consonancia con isto, recoñéceselles ós cidadáns o dereito de usalo, oralmente e por escrito, nas súas relacións coa Administración pública no ámbito territorial da Comunidade Autónoma. Cómpre, polo tanto, que o persoal desa Administración pública posúa un dominio oral e escrito do idioma galego suficiente para garantirlles ese dereito ós cidadáns.

Entre as funcións e competencias da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, determinadas polo Decreto 232/1994, figura a de realizar cursos de formación de lingua galega dirixidos, entre outros colectivos, ós funcionarios públicos. Esa capacitación lingüística en galego tamén e un dos fins da Escola Galega de Administración pública, segundo o establece a Lei 10/1989.

Por outra banda, os cursos de lingua galega regulamentáronse mediante a orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 1 de marzo de 1989.

Por todo isto, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria,

DISPÓN:

Artigo 1º

1.-Convócanse, en colaboración coa Escola Galega de Administración Pública, os cursos de iniciación

e de perfeccionamento de lingua galega que a seguir se relacionan:

2.-Para a celebración destes cursos existe crédito suficiente con cargo á partida 07.06.353F.640.1, correspondente ós orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1995.

Artigo 2º

Os cursos van dirixidos ó persoal que realiza funcións administrativas nas diferentes administracións públicas de Galicia. Reservarase o 75% das prazas para o persoal da Xunta.

Artigo 3º

1.-As solicitudes, utilizando o modelo de formulario que figura como anexo a esta orde, presentaranse nas seguintes dependencias: o persoal que preste os seus servicios en Santiago e na súa comarca, no rexistro xeral da Escola Galega de Administración Pública. O resto do persoal, no rexistro da delegación da Consellería da Presidencia e Administración Pública correspondente á provincia na que presta os seus servicios. En ámbolos dous casos é de aplicación o previsto no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2.-Os que aspiren a participar nos cursos de perfeccionamento engadiranlle ó formulario de solicitude unha copia compulsada da certifcación que acredite que teñen superado ou validado o curso de iniciación.

3.-O prazo de presentación das solicitudes será:

-Para os cursos que se inicienen abril, quince días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

-Para os cursos que comecen en outubro, ata o 19 de setembro.

Artigo 4º

1.-Os criterios de selección dos participantes axustaranse ó previsto na resolución do 25-4-1991 (DOG nº 90, do 13-5-1991).

2.-As listas de seleccionados para participar nos cursos faranse públicas ós cinco días do remate do prazo de presentación das solicitudes, nos taboleiros de anuncios da Escola Galega de Administración Pública, da Oficina de Información Administrativa da Consellería da Presidencia e Administración Pública e das delegacións provinciais desa mesma consellería.

3.-A data exacta de comezo notificaráselles directamente ós seleccionados.

4.-Os cursos que se celebren en Santiago de Compostela impartiranse nos locais da Escola Galega de Administración Pública. Os das demais localidades especificadas no artigo 1º impartiranse nos lugares que determine o Gabinete de Normalización Lingüística de cada delegación provincial da Consellerta de Educación e Ordenación Universitaria.

Artigo 5º

1.-Os cursos terán unha duración de 75 horas e responderán ós contidos sinalados na Orde do 1 de marzo de 1989 pola que se regulan os cursos de iniciación e de perfeccionamento.

2.-A asistencia ás clases é obrigatoria. A ausencia de cada un dos asistentes non poderá ser superior ó 10% dá duración total do curso.

3.-A avaliación que se efectúe nestes cursos deberá responder ós principios de formativa e continua e terá en conta o dominio oral e escrito do idioma, aplicándose as probas necesarias. Ó remate do curso, ós asistentes que superaron as distintas fases de avaliación outorgaráselles un certificado coa cualificación de apto.

Artigo 6º

Tódalas actividades que se realicen nestes cursos faranse segundo o establecido na Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística (disposición adicional), e no Decreto 173/1982, do 17 de novembro, sobre a normalización da lingua galega.

Disposición derradeira

1.-Autorízase o director xeral de Política Lingüística para dicta-las instruccións que sexan necesarias para o desenvolvemento da presente orde.

2.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 1995.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria