Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 14 de marzo de 1995 Páx. 1.948

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 4.152 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia do Concello de Sober, con domicilio en Sober-Lugo, en solicitude de autorización para instalar L.M.T., C.T. e R.B.T. para depuradora de augas en Canabal-Sober, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1.634/1980, artigo 14, e co 2.617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu:

Autoriza-lo Concello de Sober para a instalación da liña media tensión a 20 kV, con apoios de formigón e metálicos, cunha lonxitude de 220 metros, con conductor LA-56. Centro de transformación intemperie, apoio metálico de 25 kVA, 20.000, 380/220 V. Rede de baixa tensión de 40 metros de lonxitude, apoios de formigón con conductores 0,6/1 LV, 3x25 Al/54,6 mm, no concello de Sober.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Lugo, 6 de febreiro de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo