Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 13 de marzo de 1995 Páx. 1.939

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MUGARDOS

EDICTO do 9 de febreiro de 1995 polo que se fai público o prego de condicións económico-administrativas para o concurso público de contratación do servicio de apertura, vixilancia e limpeza da pista cuberta municipal de Mugardos.

Aprobado polo Pleno da Corporación, en sesión de data 30 de decembro de 1995, o prego de condicións económico-administrativas, do cal a continuación se detalla o extracto, sométese a información pública durante oito días co obxecto de que os interesados poidan presentar reclamacións.

Obxecto do contrato.-É obxecto do presente concurso a contratación do servicio de apertura, vixilancia e limpeza do edificio da pista cuberta municipal sita en Mugardos, que comprenderá as seguintes actividades:

a) Realización de labores de vixilancia: o horario de utilización da pista cuberta será de 45 horas semanais durante todo o ano, a excepción do verán, en que será de 55 horas semanais. Durante o tempo que a pista cuberta permaneza aberta ó público, estará a cargo de persoa que preste o servicio a vixilancia

dentro dela, para evitar no posible que se poidan producir danos ou desperfectos.

b) Executar e facer cumpri-los acordos dos órganos municipais.

c) Confección de horarios de utilización das instalacións conforme as directrices marcadas.

d) Resolve-las incidencias de preparación e celebración de actos nas instalacións.

e) As demais funcións que lle sexan encomendadas polo alcalde ou concelleiro delegado.

f) Abrir e pecha-la pista cuberta.

g) Limpeza: efectuarase a limpeza diaria de todo o interior do local, así como o fregado con productos desinfectantes de tódolos servicios hixiénicos e duchas. A limpeza da pista realizarase con varrido e fregado.

h) Mantemento integral: neste apartado incluirase non só o mantemento do edificio da pista cuberta, senón a manipulación e mantemento de tódalas instalacións dela.

-Electricidade (forza e iluminación).

-Rede de auga potable.

-Auga quente sanitaria.

-Fontanería, saneamento e augas residuais.

-Carpintería e cerrallería.

-Cristalería.

-Pintura e albanelería.

-Megafonía e telefonía interior (de habela).

O material de limpeza e a reposición de materiais xerais será por conta do Concello de Mugardos.

Fianza provisional.-10.000 ptas.

Fianza definitiva.-4 por 100 do importe da adxudicación.

Tipo de licitación.-Fíxase como tipo de licitación-máxima a cantidade de dous millóns cen mil pesetas (2.100.000 ptas.) anuais, IVE incluído, á baixa.

Prazo e lugar de presentación de plicas.-As propostas para poder tomar parte neste concurso presentaranse no Rexistro Xeral do Concello en sobre pechado, coa inscrición de «Proposta para tomar parte no concurso público convocado polo Concello de Mugardos para a contratación do servicio de apertura, vixilancia e limpeza do edificio da pista cuberta municipal», durante o prazo de quince días hábiles contados a partir do seguinte igualmente hábil ó da derradeira publicación do anuncio no Boletín Oficial da provincia ou no Diario Oficial de Galicia e suxeitarase ó modelo de proposta que consta na cláusula 16ª.

Modelo de proposición.-A proposta para solicitar participar no concurso axustarase ó seguinte modelo:

Don/dona..., con domicilio en..., provisto/a do DNI.... no seu nome (ou en representación de...), con NIF.... fai constar:

1.-Que solicita a súa admisión ó concurso convocado polo Concello de Mugardos (A Coruña) para contrata-lo servicio de apertura, vixilancia e limpeza do edificio da pista cuberta municipal.

2.-Declara, baixo a súa responsabilidade, non estar incurso en ningún dos casos de incompatibilidade ou incapacidade que sinalan os artigos 4 e 5 do Regulamento de contratación das corporacións locais e 9 da Lei de contratos do Estado.

3.-Xunta documento acreditativo de ter constituída a garantía provisional, declaración de estar ó corrente dos pagamentos á Seguridade Social e á Facenda pública ou, se é o caso, de cumpri-los requisitos necesarios para o inicio da actividade, relativos á Seguridade Social e ó fisco, no prazo de trinta días.

4.-Propón como prezo de contratación do servicio indicado a cantidade de... ptas. ó ano, IVE incluído.

5.-Acepta plenamente o prego de condicións e cantas obrigas se deriven del.

En... (lugar)... a... (data) ...

Sinatura do/a licitador/a.

Lugar, día e hora de apertura de plicas.-A apertura de plicas será pública e terá lugar no salón de sesións da Casa do Concello ás doce horas do día hábil seguinte ó día no que remate o prazo de presentación de proposicións. A mesa de contratación dará por terminado o acto da dita apertura levantando a correspondente acta sen efectua-la proposta de adxudicación e pasará o expediente á Comisión Informativa de Ensino, Cultura, Xuventude e Deportes para que, logo de informe, se é o caso, dos servicios competentes, dictamine sobre as proposicións presentadas.

Mugardos, 9 de febreiro de 1995.

Ramón Toimil Saavedra

Alcalde