Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 13 de marzo de 1995 Páx. 1.940

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (Exp. FG nº 230).

O Pleno do Concello, na sesión celebrada o día 24 de febreiro de 1995, acordou aprobar inicialmente con condicións, o proxecto de urbanización en desenvolvemento de parte do S.U.N.P. A-26, As Vacarizas, en Montrove-Liáns (Oleiros).

Acordouse así mesmo proceder á exposición pública do expediente polo prazo de quince días hábiles, que computará desde a derradeira publicación (DOG ou prensa). Ó longo do dito prazo o expediente quedará a disposición de todo aquel que queira examinalo, e poderanse face-las alegacións pertinentes. O expediente poderase examinar nas oficinas municipais de Urbanismo de 9 a 13 horas tódolos días laborais.

Oleiros, 2 de marzo de 1995.

Ángel García Seoane

Alcalde-presidente