Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 13 de marzo de 1995 Páx. 1.933

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 8/1995).

Para os efectos previstos no Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública as solicitudes da entidade mercantil Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con enderezo na r/ Servero Ochoa nº 2, 15008 A Coruña, para autorización administrativa das instalacións que seguen:

-Liña eléctrica subterránea de media tensión, a 15/20 kV, baixo tubo e con conductor RHV 12/20 de 3(1x240) mm Al, de 1.250 m de lonxitude, con orixe e remate nos centros de seccionamento de Continente e antiga central leiteira, respectivamente, e discorrendo pola urbanización do polígono de Matogrande.

-Cinco centros de transformación, tipo caseta, con transformadores de 1.000 kVA/u e tensións de 15-20/0,380-0,220 kV, con celas compactas SF A Coruña.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo Monelos, 15071 A Coruña.

A Coruña, 2 de febreiro de 1995.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña