Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 13 de marzo de 1995 Páx. 1.933

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente A.T. 46/1995).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2.617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2.619/1966, ámbolos dous do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica coas seguintes características especiais:

Peticionario: Unión Fenosa

Lugar no que se vai establece-la instalación: desde o apoio 4 da L.M.T. existente ó C.T. de Quintián ata o C.T. que se proxecta en Sobreira II-Cortiñas, concello de Vigo.

Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.

Características principais: L.M.T., a 15/20 kV, de 927 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón. C.T. de 160 kVA, relación de transformación 15 kV-398/230 V. R.B.T., de 395 m de lonxitude, con conductores RZ e apoios de formigón.

Orzamento: 5.775.000 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo núm. 2, e formularse contra este as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 31 de xaneiro de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra