Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 13 de marzo de 1995 Páx. 1.932

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de xaneiro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 51.616).

Para os efectos previstos no Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública as solicitudes da entidade mercantil Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con enderezo na r/ Servero Ochoa

nº 2, 15008 A Coruña, para autorización administrativa das instalacións que seguen:

Modificación proxecto liña L.M.T. a 15/20 kV, de 91 m de lonxitude, en LA-56, C.T. aéreo de 160 kVA en Castro de Elviña. Concello da Coruña.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo Monelos, 15071 A Coruña.

A Coruña, 26 de xaneiro de 1995.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña