Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 13 de marzo de 1995 Páx. 1.932

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 198/1994).

Para os efectos previstos no Decreto 2.617 e 2.619/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con enderezo na r/ Servero Ochoa nº 2, 15008 A Coruña, para autorización administrativa e declaración de utilidade pública das instalacións que seguen:

Liña eléctrica subterránea-aérea de media tensión, a 20 kV, baixo tubo e con conductor RHV 12/20 kV de 3(1x240) mm Al, de 180 m de lonxitude en subterráneo e sobre apoios de formigón (37) e metálicos (2) con conductor LA-110 e 6.426 m de lonxitude en aéreo, con orixe na subestaciónd e San Marcos.

Os derradeiros 320 m entre apoios números 37 e 41 serán en dobre circuíto, entroncando coa liña que alimenta o C.T. Frais e Capataces Agrícolas (expediente 34.738) con remate no polígono industrial de Bergondo.

Concellos de Cambre, Oleiros e Bergondo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo Monelos, 15071 A Coruña.

A Coruña, 20 de xaneiro de 1995.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña